6/2/08

O vello xogo das olas


En Monforte conservouse até comezos dos anos 50 unha antiga tradición que se facía no tempo entre o Antroido e a festividade de Pascua. Este chamado xogo das olas consistía en lanzar cacharros polo aire entre un corro de mulleres e outro. O grupo que non conseguía termar do pote, escachando no chao, sufría as chanzas dos vencedores. Así nolo explica o xornalista Francisco Albo nun recente artigo de La Voz de Galicia (2 de febreiro de 2008, edición Lemos) no que inclúe a fermosa fotografía que reproducimos. Un grupo de mulleres dun barrio de Monforte retratadas coas olas coas que ían a fonte, coas que traballaban a cotío. Dende a Antropoloxía e maila Arqueoloxía estructuralista (A alfareira celosa) tense subliñado a relación cerámica-muller, a cerámica como símbolo da identidade e do xénero feminino. Rituais propiciatorios coma este ou coma aquel que lle relataba o señor ao seu neto no post anterior atópanse en moitas culturas: escachar potes conleva fertilidade, procreación, descendencia, felicidade.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Non vexo aquí ningunha con "cara de nunca ter roto un prato..."

Anónimo dijo...

As olas habería que escachalas na cabeza das forzas políticas de Soria que pensan construir un polígono industrial a carón da mítica Numancia

Anónimo dijo...

Enriba da mítica Miraflores (A Pobra do Brollón), xa se construíu un polígono industrial, dous campos de fútbol, un campo de tiro ó prato,...(esto último esixiría unha análise sobre os novos ritos de ruptura de pezas cerámicas na actualidade) Quén dá máis?

Anónimo dijo...

En terras do Salnés, na vella ponte chamada dos Padriños(Ponte Arnelas), Luis Bouza-Brey Trillo recolleu a práctica dun ritual popular que consistía na práctica do bautizo antes do parto(semella que o nome técnico e rito menopédico). A cuestión e que rematado o rito do bautizo, a xente agrupábase nunha das entradas da ponte ou na beira do río a comer todo o que levaran e, aquí ven o interesante, cando remataban, regresaban ó medio da ponte e guindaban ó río todo o sobrante, incluída a vaixela, o mantel e os cubertos.
Un ritual de depósito acuático auténticamente documentado pola antropoloxía...e nos sen estudialo!

Unknown dijo...

Casualmente acabo de atopar esta noticia. Non sei o interés que poda ter pero este "xogo das olas" parece que era tradicional en Santiago, no barrio de San Pedro polas festas da Angustia e en Lugo polo Corpus ou algo asi.
En San Pedro quedou prohibido por perigoso creo que moi a principios do século XX.