Termando da Historia
Unha bandexa ateigada de asas decoradas de xerras Toralla. Os potes dos mouros no dicir das mariscadoras que vixían Neixón. O ano pasado coincidiume ser testemuña da visita guiada que un avó lle fixo ao seu neto do Centro Arqeuolóxico de Barbanza. O discurso do señor tiña unha lóxica aplastante. Diante dunha vitrina na que se amosaban anacos de potes do Castro Grande explicoulle ao cativo:
-Estes dos castros facían como os xitanos, cando había voda guindaban ao chao os potes, que seica dá sorte e fillos. Por iso os geólogos estes atopan os anacos escuchimizados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario