27/2/08

Catástrofes


O luns pasado un terremoto de 3.7 na escala de Ritcher deixouse sentir no Barbanza. Non é unha novedade na historia do noso país. Dende a Arqueoloxía e maila Historia podemos esculcar no efecto que este tipo de catástrofes tiveron na sociedade do pasado. A nosa compañeira Rebeca Blanco, especialista en Arqueoloxía da Arquitectura, puido comprobar os efectos do terremoto de Lisboa no mosteiro de Melón, na bisbarra d'O Ribeiro. Este seísmo tamén deixou a súa pegada en San Vicenzo de Cespón, como así se deixou mencionado na documentación parroquial. Deste tema e doutros moitos tratará a modernista Sofía Sanvicente no capítulo A Historia moderna de Cespón a través dos seus arquivos parroquiais que forma parte da segunda monografía sobre Neixón que estamos preparando para a editorial Toxosoutos. Na súa investigación tamén puido documentar o impacto doutro tema de moda: a Guerra contra o francés iniciada en 1808:

Nos arquivos parroquiais temos referencias claras a este acontecemento, e incluso no 1813 “Se celebra aniversario por los que murieron en Villa y Corte de Madrid el 2 de Mayo”.

18 de Xunio de 1808.

«...Se muere Cayetano Romai marido que era de María López de Sar. Recive el sacramento de la Extremaunción y no los demás por estar decrépito; Dispuso su entierro su mujer por la ausencia de su hijo Juan Benito Romai al que al tiempo se halla serbiendo a S.M.Don Fernando Septimo de voluntario y tener este la obligación de hacerlo por ser mejorado por su padre ...»

Neste período temos noticias de que perden a vida en “Real Servicio de Su Magestad” 14 soldados, sen contar as mortes que se producen por contaxio de enfermedades que traen os soldados.

22 de Abril de 1809.

«...Thomas Becerra enfermo de fiebre vino hace un mes del exercito...Soldado de S.Magestad en el Reximiento de León...» (Libro de defuncións)

Nunha partida posterior, no mesmo mes de abril, está anotada a defunción de súa nai, xa viúva. As defuncións que temos rexistradas de soldados son, na súa maioría xustificadas de palabra por algún compañeiro, ou é enviada a noticia desde o hospital no que faleceu.

2 de xaneiro de 1809.

«Francisco Muñiz, soltero, muere en Valladolid en Reino de Castilla la Vieja, y lo conta su compañero Leonardo Caamaño, compañeros soldados conscriptos que salieron por Junio de 1808 a servir a S.M. en el exercito de Galicia y Reximiento de Hibernia...» (Libro de defuncións).

Fotografía do interior da igrexa de Cespón, da autoría de Florentino López Cuevillas, ano 1927 (Arquivo do IEGPS).

No hay comentarios: