22/2/08

II Encontro de Arqueoloxía do Barbanza



Mañá dará inicio en Neixón o II Encontro Arqueolóxico de Barbanza. O noso proxecto estará presente coa comunicación de Xurxo Ayán Neixón 1925: a prol da recuperación da memoria histórica da Arqueoloxía gaelga mañá sábado ás 13: 30 horas no Centro Arqueolóxico de Barbanza. Esta comunicación xa está dispoñible no apartado de Producción científica, onde podedes baixa-lo documento completo, co aparato gráfico e maila bibliografía incluídas. Toda unha aposta real pola verdadeira divulgación e difusión social do coñecemento arqueolóxico, un tema que será debatido na mesa redonda proxectada para o serán do sábado. Alí vos agardamos.

No hay comentarios: