4/3/08

Feira do queixo


Dende o ano 1989 non volvín ver un espectáculo deste estilo. Puiden revivi-lo en Hungría, Eslovaquia (con oso incluído), nunha feira perdida dunha aldea lindando con Croacia. Centroeuropa... Temos diante nosa unha unidade doméstica de produción: o can, a cabra, o vello petrucio dirixindo, con sorna e retranca, co tempo escoando polas fírgoas da faciana. Trompeta. órgano. A xove parella de recén casados. Ela, sensual, recollendo as aportacións dun público entregado. El, concentrado coma un pianista de Wertern bar. Nenos bolivianos ollando incrédulos a volta dos tempos dos húngaros, dos cíngaros, dos xitanos.

Fotografía reproducida co permiso dos artistas.

1 comentario:

Anónimo dijo...

non hay moito andiberon pedindo unha partida de nacimiento dun deses cingaros que andaban por estes lares de vimianzo along time a go tocando trompetas e facendo malabares .O nome do paisano era sen dubida dos balcans , tentarei falar co suis de paz e poñelo aqui