28/6/10

Conferencia en Noalla


O director das escavacións arqueolóxicas n'A Lanzada (Sanxenxo, Pontevedra) e arqueólogo da Deputación de Pontevedra Rafael Rodríguez Martínez impartirá unha conferencia sobre o proxecto en curso na Casa das Canteiras (Noalla, s/n), local social dos Comuneiros de Noalla. Será este xoves ás 19:30. Alí vos agardamos. Paga a pena.

Amoeiro divulgado


Xa podedes consultar toda a información xerada polo proxecto Xestión Integral do Patrimonio Arqueolóxico do Concello de Chaos de Amoeiro (Ourense) realizado por un equipo de compañeiros nosos do LPPP, USC e o LAPA, CSIC no seguinte enlace

http://www.usc.es/gl/investigacion/proxectos/amoeiro/index.html

Fotografía: petróglifo d'A Ferradura (Chaos de Amoeiro)

27/6/10

Ai dos korowai!


Fíxose eco a prensa nacional e internacional do censo dunha nova tribo ignota en Indonesia, unha xente que vive en cabanotes erguidos sobre as árbores da selva en Papúa. Fixádevos no discurso que reproduce a noticia de prensa:

Indonesia localiza y censa en Papúa una tribu perdida que vive en los árboles. Los misioneros pusieron al Gobierno sobre la pista de los korowai, anclados en la Edad de Piedra.

Hacía una década que el Gobierno de Indonesia recababa informes sobre la tribu korowai, suministrados por los pocos privilegiados que los habían visto: los misioneros cristianos de la región de Papúa, una provincia indonesia que ocupa la parte occidental de la isla de Nueva Guinea.
Indonesia, con 240 millones de ciudadanos repartidos entre 17.000 islas, realiza un censo de población cada década y, como tocaba este año, funcionarios del Centro Nacional de Estadística (BPS) decidieron seguir las pistas de los misioneros. El objetivo, localizar y censar una supuesta tribu nómada que construía cabañas en las copas de los árboles para evitar a los depredadores y cuyos individuos vivían desnudos, tapándose apenas con hojas de plátano y las pocas prendas que los propios misioneros habían logrado entregar a los niños.
Dispuestos a localizar a los korowai, embarcaron en rudimentarios botes con los que remontaron varios ríos hacia el corazón de la selva. Tras dos semanas de viaje en las que siguieron al dedillo las indicaciones de los misioneros, lograron alcanzar a pie una aldea de esta tribu nómada, de la que censaron finalmente a 2.868 individuos. Al igual que los sacerdotes, utilizaron un lenguaje gestual para comunicarse con ellos.
Los korowai habitan en la zona oriental de la provincia de Papúa, una zona semimontañosa y pantanosa situada a pie de bosque. La localidad más cercana es Merauke, que atrae a inversores interesados en el negocio de la caña de azúcar.
Los korowai son recolectores y cazadores, pues se alimentan tanto de hojas como de los animales que capturan. Sobre ellos pesa además una leyenda de canibalismo no constatada.
«Sus casas están en los árboles y su vida sigue anclada en la edad de piedra, pero ahora que sabemos quiénes son, su número y sus características, ya nunca estarán perdidos y aislados. Podremos darles acceso a la educación y a la atención sanitaria como a cualquier otro ciudadano de Indonesia», dijo a AFP el oficial Suntono, máximo responsable de la BPS en Papúa.

Eu de ser un korowai iría facendo as cabanas aínda máis arriba, vendo o que lle ven enriba, nunca mellor dito.

Texto de La Voz de Galicia. Fotografía AFP.
http://www.lavozdegalicia.com/sociedad/2010/06/25/0003_8571548.htm

25/6/10

Noite de San Xoán en Castrolandín


En capítulo 0 (http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/06/24/conectando-seculos-na-festa-dos-fachos-de-castrolandin/) Manuel Gago e Soledad Felloza ofrecen unha fermosa ollada da cerimonia do castelo de San Xoán na croa do castro de Castrolandín (Cuntis, Pontevedra), un ritual tradicional recuperado en 2001 pola Fundación Terra Termarum. Sobre este proceso de recuperación e o trasfondo cultural da festa podedes consultar o noso traballo en
http://digital.csic.es/bitstream/10261/6164/1/TAPA29.pdf

Fotografía de Soledad Felloza.

24/6/10

Patrimonio Cultural e Desenvolvemento


Os seguidores e seguidoras de Arqueoneixon sabedes que unha teima nosa é o papel da Arqueoloxía e a Xestión do Patrimonio como ferramenta de desenvolvemento. Xa coñecedes algo da nosa experiencia en Etiopía, en contextos onde a boa vontade e maila teoría ás veces serven de pouco. Vimos de presentar unha serie de reflexións a este respecto no IV Congreso Internacional Patrimonio Cultural y Cooperación al Desarrollo celebrado na Fundación Tres Culturas en Sevilla a instancias da Axencia Española de Cooperación y Desarrollo. Nas vindeiras semanas iremos amosando máis polo miúdo a nosa experiencia da campaña deste ano en Etiopía, con exemplos interesantes do conflicto de intereses, das tensións e dificultades que conleva a cooperación patrimonial no mal chamado Terceiro Mundo.

Alfredo González Ruibal e Xurxo M. Ayán Vila: Pueblos sin Historia: identidad cultural y desarrollo en el Oeste de Etiopía.

http://www.patrimonioydesarrollo.com/

20/6/10

Protexendo o Machupicchu


Este martes 22 de xuño, de 18:00 a 20:00, Juansebastián Velásquez Peláez impartirá no salón de actos do IEGPS de Santiago de Compostela (Rúa San Roque, Nº 2) a conferencia titulada: Situación Legal del Patrimonio Cultural en el Perú: el Caso Machupicchu.

Resumo

Este es un trabajo realizado tomando de un lado un tema de importancia
capital como es Machupicchu, se realiza una revisión de la protección real
al Patrimonio Arqueológico en el Perú, y se llega, por otro lado, a
descubrir que esta protección resulta más demagógica que efectiva puesto que
sobre Machupicchu y otros monumentos de nuestro pasado la crisis cada vez es
mayor, aunque el provecho económico que producen es el más grande de toda la
historia. La investigación ha partido de la historia registral del fundo Qquente, y
sus múltiples traspasos, remontándose a la primera mención que se realiza al
respecto que es del año 1790 y que figura en un documento que fue recabado
en la oficina del Archivo General de la Nación de la ciudad del Cusco.
Incluye los antecedentes registrales del fundo Qquente desde el siglo pasado
hasta la actualidad. Así como la copia del contrato que da inicio a la
propiedad de la familia Zavaleta sobre el fundo que fue elevado a escritura
pública ante Notario Público de la ciudad de Lima Rosendo A. Fernández, el
día doce de septiembre de 1944 y que en la actualidad se encuentra en el
Archivo General de la Nación.
A partir de aquí, se tratará el problema subyacente que se cierne sobre
Machupicchu, que es el suscitado sobre la propiedad del terreno que lo
contiene y del terreno adyacente que conforma el Parque Arqueológico, sobre
los cuales, dos familias han reclamado, en distinto grado, judicial,
administrativa y mediáticamente (sin tomar en cuenta el reclamo realizado
ante la Corte Interamericana de Derechos Humanos de San José de Costa Rica)
derechos de propiedad.



Juansebastián Velásquez Peláez, peruano, avogado pola Universidad de San
Martin de Porres, graduado coa tese “Patrimonio Cultural - Aspectos
Inmobiliarios y Registrales”. Na actividade profesional orientada á defensa do
Patrimonio Cultural, ten desempeñado labores de asesoramento aos gobernos
rexionais de Cusco e Pasco no Perú, nomeadamente en feitos vencellados coa construción de estradas e a redacción dunha demanda de inconstitucionalidade perante dúas leis lesivas co Patrimonio. Na actualidade cursa en Madrid o Máster de Políticas Aplicadas impartido pola Fundación Internacional de Administración y Políticas Públicas - FIIAPP.

16/6/10

Unha sutil diferencia





Levamos quince días traballando n'A Lanzada. A comunidade de Montes de Noalla é a propietaria histórica do campo d'A Lanzada, terreos onde se atopa o castro, unha necrópole baixorromana e restos altomedievais. Esta comunidade local, orgullosa de posuír un espazo simbólico, colabora con todas as institucións, políticas e científicas, para poñer en valor o Patrimonio arqueolóxico. A Romaría da Nosa señora d'A Lanzada a última fin de semana de agosto é o acontecemento do ano. Cómpre conciliar daquela a protección do Patrimonio arqueolóxico, as escavacións, coa festa. E non hai ningún problema.
En Neixón todo era así, cunha sutil diferencia. A Administración expropiou un monte comunal que era da comunidade local coa excusa do Patrimonio Arqueolóxico. Xa temos falado do que este proceso traumático supuxo para esta xente, o impacto negativo sobre a súa concepción da Arqueoloxía. Tralo traballo de anos esta situación revertiuse até que a Concellería de Cultura do Concello de Boiro e o suposto arqueólogo Víctor Barbeito do Centro Arqueolóxico de Barbanza decidiron pasar da comunidae local, destrozar o campo da festa e rachar as últimas esperanzas que quedaban de manter unha relación fructífera e respectuosa entre comunidade local-xacemento-Arqueoloxía. En Noalla a ninguén se lle pasa pola cabeza actuar así sobre o Campo d'A Lanzada. Nin dende a Administración local nin dende a Arqueoloxía académica, nin dende o Concello, nin dende a Deputación, nin dende o Estado.
Unha comparativa entre estes dous procesos de patrimonialización será a base da nosa comunicación no XVI Meeting da European Association of Archaeologists a celebrar na Haia (Holanda) entre o 1 e 0 5 de setembro deste ano. O noso traballo intégrase na sesión European communities: Models for Participation in Archaeology in Europe coordenada por Phil Richardson e Suzie Thomas. Unha vez máis levamos o nome de Neixón polo mundo adiante, para ben e para mal. Podesde maxinarvos a reacción dos arqueólogos e arqueólogas de Galicia, España e o mundo mundial cando expoñemos o estrano caso de Neixón, a actitude dos seus responsables e o resultado final desa actuación. Cada quen ten o que merece.