28/6/10

Conferencia en Noalla


O director das escavacións arqueolóxicas n'A Lanzada (Sanxenxo, Pontevedra) e arqueólogo da Deputación de Pontevedra Rafael Rodríguez Martínez impartirá unha conferencia sobre o proxecto en curso na Casa das Canteiras (Noalla, s/n), local social dos Comuneiros de Noalla. Será este xoves ás 19:30. Alí vos agardamos. Paga a pena.