30/12/09

Feliz Ano



Teño un colega que mantén unha tese bastante fundamentada: o grao de bancarrota dun concello galego equivale ao esforzo investido na felicitación do Nadal por parte da Corporación Municipal. No noso concello da Terra de Lemos, sen un can, o carteiro deixou almanaque, felicitacións e demáis andrómenas. Non sei será pola crise que nós non recibimos, por vez primeira este ano, a felicitación do Excmo. Concello de Boiro. Será a crise, digo. Pola nosa banda, desexámosvos un feliz Aninovo. Coma o vellos labregos e os cans fideis, agardamos nos cuarteis de inverno para sorprender con novos proxectos e andrómenas varias. Feliz Ano amigos e amigas de Arqueoneixon.

28/12/09

Santos Inocentes



Dentro de un proyecto más amplio, denominado Boiro, 5000 anos de historia no ámbito de Arousa Norte, se presentó ayer una de las actuaciones que se desarrollará en los castros de Neixón. El objetivo es continuar con la puesta en valor de este poblado como recurso cultural y patrimonial, pero se va a producir un cambio respecto a los campos de trabajo de años pasados. En concreto, se pretende profesionalizar la intervención (18-07-2009)

Lento pero seguro. Así avanza el proceso para la ampliación del Centro Arqueolóxico de Barbanza. Después de que el Ministerio de Cultura confirmase una partida de 150.000 euros destinada a la mejora de las instalaciones del recinto de Neixón, el Ayuntamiento de Boiro comenzó a dar los pasos precisos para que el proyecto se convierta en una realidad (2-08-2009)

Los participantes en la iniciativa, que mañana mismo empezarán a trabajar en el yacimiento bajo la supervisión de cuatro técnicos, excavarán la zona de defensa del castro grande e intentarán determinar si este estaba rodeado por una muralla de piedra o de tierra (2-08-2009)

Antón Louro fue recibido en la casa consistorial por el regidor, Xosé Deira Triñanes, y por el primer teniente de alcalde, Juan Jesús Ares, y desde allí se trasladaron al entorno del Castro de Neixón y al Centro Arqueolóxico do Barbanza, donde visitaron las excavaciones y el centro de visitantes. El delegado aprovechó la visita para anunciar la ampliación del Centro Arqueolóxico, que financiará el Ministerio de Cultura con 150.000 euros (3-09-2009)

Por el momento, el Ministerio de Cultura tiene reservada una partida de 150.000 euros para iniciar las obras, y existe un compromiso del anterior responsable del Ministerio de Cultura, asumido, precisó Louro, por la nueva ministra, de hacer nuevas aportaciones para completar el proyecto. El delegado del Gobierno calificó la iniciativa como «trascendente» y apeló a la implicación de las Administraciones para financiar el millón de euros que costará la actuación (4-09-2009)

27/12/09

O regueiro



A matanza é un espectáculo de xestos técnicos, de xestión do corpo, de materialización dos roles de xénero, de práctica social, de eclosión de cadeas técnico-operativas ancestrais. Un intre importante o día da mata é o de limpar as tripas no río, un traballo tradicionalmente feito polas mulleres pero que hoxendía realizan todos. A auga xélida que escoa polas maos, o regueiro ao bordo da enchente, as historias que se contan en voz alta, fóra do espazo doméstico da aldea, a sutileza para revirar as tripas e tripóns, a merda que marcha río abaixo, como a vida mesma. Gústanme estas escenas colectivas como as que aparecen retratadas nos cadros dos pintores flamencos e neerlandeses, auténticas coreografías que xunguen cultura e natureza, xente e terra.

Fotografía de Xurxo Ayán: Cima de Vila, Cereixa (Pobra de Brollón, Lugo).

Galicia Eterna


Os comedores creados na década de 1970 seguindo a moda da Modernidade son reutilizados hogano como neveiras, espazos plurifuncionais, almacéns... Neste noso caso, o día da matanza instálanse a máquina e os culeiros para facer a zorza dos chourizos. De fondo, un armario garda coma unha vitrina dunha libraría de vello os libros agasallados polas Caixas de Aforros e os Bancos na transición democrática e nos comezos da Autonomía. Non sei se esas publicacións serviron de algo para consolidar a identidade galega. O que si é certo é que mentres haxa matanza do marrao hai esperanza. A verdadeira Galicia Eterna.

Irish Patriots



Pero a cousa non remata aí. O capitán Calletano Carti faleceu. Pouco despois, o seu irmán Carlos Carti moveuse para atopar supervivintes que certificasen a morte do seu irmán no naufraxio, para así gañar dereitos na herdanza familiar. Os Carti eran fillos dun nobre irlandés que participou no desembarco e batalla de Kinsale en 1602 ao carón dos españois contra os ocupantes británicos. Unha derrota que marcou un fito na loita pola independencia irlandesa e que conlevou ao petrucio Carti o seu encerro na Torre de Londres durante 40 anos. O litigante Carlos Carti pensaba que o seu pai estaba morto, supostamente. Como vedes, o Cantábrico está inzado de historias abraiantes, con naufraxios de Lordimani (vikingos), Cruzados, corsarios e distintas xentes do mar.

O barco dos irlandeses


Con todo, o máis abraiante para min, foi a investigación arqueohistórica desenvolta por N. Alonso, V. Álvarez e J. A. Longo centrada no estudo do naufraxio do buque capitaneado polo irlandés Cayetano Carti (castelanzación de Macarthy) nas costas de Bañugues (Cabo Peñes). O 23 de xaneiro de 1635 o galeón español San Francisco da Armada Real del Mar Océano "se hiço pedaços" á áltura do porto de Bañugues transportando un continxente de tropas dun tercio de infantería irlandés. Trátabase dun galeón que patrullaba a costa cantábrica ben realizando labores de escolta a naves de transporte, ben levando a cabo un simple labor de vixiancia. O naufraxio provocou o falecemento de 225 homes que foron soterrados no camposanto de San Nicolás de Bañugues. Unicamente sobreviviron 25 homes.

Fotografía: detalle do póster presentado polos autores citados no simposium Gentes del Mar.

Luanco


Proveitosa estancia en Luanco, aprendendo cousas abraiantes. Esas mariscadas e percebadas que se mandaban os pintores de Altamira. Eses castelos erguidos no litoral e prelitoral a fins do s. VII d. C. e comezos do s. VIII d. C. que pon en entredito moitos prexuízos sobre o nacemento do reino de Asturias. Esas normativas das confrarías que aseguraban os enfermos agás aqueles que contraísen enfermidades venéreas. Esas aldeas vascas do s. IX d. C. adicadas á caza da balea. Esas necrópoles do século VI d. C. que comezan a agromar como zarrotas. Esas relacións atlánticas na Baixa Idade Media entre as elites comerciantes de Aquitania, S. de Inglaterra e N. da Península Ibérica. Esas escavacións inéditas en castros e xacementos romanos asturianos... Gracias a Nicolás, Valentín e Nacho, e a todo o equipo organizador de Gentes del Mar.

Fotografía: carnicería en Luanco. Real como a vida mesma.