27/12/09

O regueiro



A matanza é un espectáculo de xestos técnicos, de xestión do corpo, de materialización dos roles de xénero, de práctica social, de eclosión de cadeas técnico-operativas ancestrais. Un intre importante o día da mata é o de limpar as tripas no río, un traballo tradicionalmente feito polas mulleres pero que hoxendía realizan todos. A auga xélida que escoa polas maos, o regueiro ao bordo da enchente, as historias que se contan en voz alta, fóra do espazo doméstico da aldea, a sutileza para revirar as tripas e tripóns, a merda que marcha río abaixo, como a vida mesma. Gústanme estas escenas colectivas como as que aparecen retratadas nos cadros dos pintores flamencos e neerlandeses, auténticas coreografías que xunguen cultura e natureza, xente e terra.

Fotografía de Xurxo Ayán: Cima de Vila, Cereixa (Pobra de Brollón, Lugo).

No hay comentarios: