13/3/12

O castro inimigo


Como defendemos anteriormente, a Arqueoloxía galega móvese entre el tío de la vara y la vieja del visillo. Vou contar unicamente dúas anécdotas. A primeira aconteceu nas nosas escavacións no castro de Castrolandín en 2005. Para quen non o saiba, as nosas escavacións sempre estiveron abertas a todos, especialistas e non especialistas. Por iso é curioso que arqueólogos aproveiten xusto o tempo no que non se está escavando para achegarse a uliscar. En Castrolandín, pensando que non había ninguén, un arqueólogo galego que tiña controlados os horarios subiu confiado ao castro. Como vivimos nun territorio comanche, todo o mundo viu a súa chegada. Pola mañanciña, a lareira que tiñamos definida en pranta para comezar a escavar xa contaba cunha minisondaxe de centímetros. En vez de ofenderme, aquilo pareceume entrañable, a curiosidade innata dun científico. En todas as escavacións de Galicia contamos con anécdotas deste estilo, de visitas en domingo e en horarios intempestivos. Este combinado de evitarse pero non poder aguantarse e ter que ir espiar é un clásico da Arqueoloxía galega.
A segunda historia vóltanos ao modelo del tío de la vara. Un arqueólogo que traballa como técnico nunha escavación convídanos a visitar o xacemento de turno. Febreiro de 2006. A nosa chegada á escavación suscitou unha reación semellante a chegada dun inspector de Facenda. Cero información, cero fotografías, cero hospitalidade, cero amabilidade. Consecuencia desta historia: os xefes botaron ao técnico da escavación.
Esta pequena historia enlaza coa terceira tese que defendemos: a Arqueoloxía galega caracterízase por un pavor inmenso á transparencia e a facer pública a súa actividade. E isto non é culpa só da Administración, ou da lei de Patrimonio ou do mercado. Isto é responsabilidade dun gremio arqueolóxico acomplexado que non entende de ética nin de obrigas máis alá de entregar un informe valorativo.

6 comentarios:

oubeando en soneira dijo...

de colleita propia, achegamonos a unha excavacion eu y outro paisano arqueologo el , ou polo menos cos estudios, a porta do recinto aberta ningun cartel de prohibido o paso ou solo persoal da mesma, entramos dou os bos dias e por resposta o silencio e unhas miradas tipo salon do oeste ou as que recibiria un negro nunha convencion do kkk en pleno corazon de Dixieland, ponemonos a curiosear no edificio, total e absoluta ignorancia, interesome pola excavacion y polo murete que aparece cerac dun dos muros principais, contetsacion si... , no..., pode ser... ata que o meu colega dille eu coñezote.. o xefe dos sachadores . tu?? y de que..??? postos ambos en antecedentes obrase o milagre a partir de ahi todo se volve bo rollito e explicacion y bla bla bla... con el eu sigo sendo o ausente pero bueno como as migallas que caen do prato do meu colega, non esta mal.
tuben outra anecdota demais ou menos este talante tamen no dolmen de dombate, algun di falaremos de ela.
para eviar que a xente che moleste, ou ben que ti non es moi dado en relacions publicas , ai moi bos investigadores incapaces de falar ou tratar ca xente e moi bos comunicadores que non saben facela o con un cnuto, pra evitar estas situacions e tan simple como FECHALA porta, ou colocar un cartel no que se prohiba o recinto a toda persona ajena a la obra,
tamen tratei con xentina que non tina ningun inconvinte en que o populacho e paisanaje andiveran polo medio da excavacion e con profusion de explicacions e detallles da mesma tentando de que o proyecto no que estaban fora tido como propio polos que durante anos estiberon o seu caron, poñamos que falo de ...Tito Cuncheiro

Nemigo dijo...

teño unha dúbida: cociñadoiro... (o castro esnaquizado polo porto exterior da coruña) é un exemplo de arqueoloxía de visillo ou de tío de la vara?

Penso que no sistema educativo e máis no universitario non hai transparencia algunha. Hai unha barreira temporal entre o sistema educativo e a sociedade. Ten que ser así. Moita da xente que está no sistema edutivo teñen o cargo por herdanza, xa levan varias xeracións da mesma familia no posto e son fósiles que se agochan de darwin

Archeoten. dijo...

Possivelmente seja o mais acabado ejemplo de "prohibida la entrada a toda persona ajena a la Obra" ou por ponher um simil ao tebeo, dos mais puros "tope-secretos" da TIA de Mortadelo e Filemón

Cativa gente, cativas Perspetivas, ... Pais da Ananos em resume

Antonio de la Peña dijo...

As cousas das que se entera un... Definitivamente, estes son outros tempos. Cando andaba a escavar por ahí, o contacto cos viciños, a participación dos "afeccionados" locais, as charlas nos "teleclubes", as visitas dos colegas -aos que se lles daba tanta información e se lles permitía tanto que adoitaban solucionarte a escavación nun plisplás-, etc., eran o normal. Cando menos no meu círculo de colegueo. Cando leo o que escribe o Xurxo penso que o que pasaba é que eramos uns chaíñas moi pouco ou nada "profesionais" ;-) ou se cadra é que disfrutabamos demasiado practicando a arqueoloxía, non sei. Ou éramos -eso si, seguro, uns raros-
Logo chegou a onda adanista e todo eso desapareceu da memoria como bágoas na choiva. O único que pasou á nosa pequena historia foron as malas prácticas dalgúns, contradicindo as normas da memoria selectiva, que adoita quedarse cos bos recordos e esquecer os malos. No noso caso non funcionou. A Saber o porqué.
Teño o día nostálxico, que lle imos facer...
Saúdos.

Xosé Duncan dijo...

Boa tarde amigos,

Quero deixarvos un enlace a unha publicación trimestral (neste mes sae o segundo número) que inclúe un relato meu que se chama "As bágoas de Neixón". Obviamente sáese da temática histórica que tedes no voso blogue pero da unha visión fantástica (homenaxe ao mestre Lovecraft) e moi, moi cariñosa.

http://www.redelibros.com/social/book/1019065


Unha grande aperta dun de Taragoña que vive na Coruña

Archeoten. dijo...

Santa "rareza" ... a de pensar que o património arqueológico não é propriedade particular, intransferível e de usufruto exclusivo do arqueólogo de turno ao que lhe toque quitar terra pela graça do deus ou das obras públicas

Falta fazia que se contagiassem essas "rarezas"