12/3/12

Microfísica do Poder


Recén licenciado, en outubro de 1998, defendin a Tese de Licenciatura na Facultade de Historia da USC, cun traballo que avaliaba de xeito crítico, facendo balance, da fase de avaliación de impacto arqueolóxico da Rede de Gasificación de Galicia. Daquela ninguén na Academia e arredores en Galicia consideraba este tipo de traballos como investigación arqueolóxica, como recordaremos máis adiante. Así e todo, falo disto por outro tema que vén ao caso. Na defensa, eu tiña 21 anos, fun consciente da microfísicia do poder académico. O tribunal enzarzouse en polémicas que pouco ou nada tiñan que ver co tesinando, e moito coa liña de traballo do laboratorio no que me acababa de integrar. Dende aquela asistín aos seguintes despropósitos que nada tiñan que ver cun suposto criterio científico: poñerlle un notable a un traballo de investigación de terceiro ciclo dun compañeiro, poñerlle un 9 en vez dun 10 ao traballo de investigación de terceiro ciclo doutro compañeiro, porque si; prohibir a defensa da tese dun compañeiro, que tivo que ir a outra facultade a defender a súa tese de doutoramento; compañeiras que deixaron a investigación grazas aos obstáculos impostos polo departamento de turno; xoves arqueólogos e arqueólogas que deixaban de falarche dun día para outro sen saber por que; profesores que adicaban a hora enteira de clase a despotricar sobre persoas que non coñecía nin trataba; compañeiros que deixaron a investigación (e fixeron ben)cando viron denuncias xudiciais entre profesores... O mellor dos mundos posibles, unha ledicia. Esta foi a realidade e estaría ben que o recordasen eses e esas tan preocupados pola imaxe pública da Arqueoloxía galega. Manda truco. Sobre isto voltaremos en vindeiros posts, porque son cousas que veñen de atrás, por iso é tan importante a historiografía, na nosa opinión.
Seguindo coas batallistas del abuelo, xa no último ano de carreira tiña eu que aturar a mesma cantinela dia e noite, indo de marcha ou lendo nunha biblioteca. Mentres eu coñecía ambas as dúas realidades, o departamento de Historia I e o daquela Grupo de Investigación en Arqueoloxía da Paisaxe, sempre topaba con individuos que me daban a mesma chapa. Estas persoas, que daquela sobrevivían como bolseiros de terceiro ciclo no mellor dos casos, adicábanse, supostamente, á investigación, e malia non ter nin idea de como eran as cousas neste Laboratorio, semellaban ter unha idea moi clara de el e unha opinión nefasta da Arqueoloxía de Xestión. Unha década despois estas mesmas persoas dirixen empresas adicadas á mal chamada Arqueoloxía de Xestión, e moitas delas se formaron connosco, para ben e para mal. Despois hai outros individuos moi paveros que reproducen durante anos mimeticamente un discurso aprendido sen ter nin idea de nada. Un exemplo curiosísimo foi o dun arqueólogo que se enterara de que o noso equipo de traballo iniciaba as escavacións en Neixón en 2003: diante de compañeieros do equipo, sen el sabelo, definiunos como a kalaña de Neixón, sen ter cruzado nunca unha soa palabra na súa vida connosco. Esta referencia á kalaña serviunos para alcumar o noso equipo de traballo en Neixón, pero tamén serve para defender a primeira hipótese que manexamos sobre a Arqueoloxía galega: os arqueólogos galegos veneramos ao tío de la vara.

1 comentario:

Lorcho dijo...

Ich bin ein kalañer