10/2/12

La marca España


A vicepresidenta do Goberno de España acaba de afirmar en rolda de prensa que os deportistas de élite do Estado representan o mellor diso coñecido como a marca España. Mentres xente deste estilo segue preocupada por uns bonecos de trapo, por uns monicreques á fin e ao cabo, é certo que a marca España espállase polo mundo enteiro marcando un fito na historia do Reino. A marca España é tamén que o xuíz Garzón sexa equiparado a un "xuíz dun Estado totalitario". A marca España é esa foto do plantel de xuíces do Supremo coa satisfacción do traballo ben feito. A marca España é que un fulano como Jiménez Losantos escriba hoxe en El Mundo que a sentenza contra Garzón é o vivo exemplo da incompatibilidade da esquerda española co Estado de Dereito. A marca España é que o avogado de Manos Limpias declare que os asasinados polo franquismo son o mesmo cós mortos no 2 de Maio, historia pasada. A marca España é o sorriso indecente de Camps vacilando aos estudantes. A marca España é que un corrupto como este fenómeno lea a súa tese de doutoramento na Universidade Miguel Hernández. Amb dos collons.

3 comentarios:

Nemigo dijo...

penso que pra todos a satisfacción personal debera ser estar nun país onde se cumpre a lei. Hai xustiza e democracia. Non é o que vemos nin nos amosan

Fíxose unha transición baseada na impunidade dos franquistas e na cal eles mantiñan os seus postos. O presunto estado de dereito era a transición cos mesmos a unha democracia de partidos allea dos cidadáns

¿Pódese loitar contra o caciquismo? Na galiza sabemos que non. Tanto ten o pasado. Tanto teñen as inxustizas. O pucherazo, carretaxe de votos ou perdendo e achegando os que se envían por correo é a base da "democracia" a súa lexitimación

Garzón fixo máis pola democracia deste país que moitos presuntos paters e auto chamados líderes de opinión. Na galiza sabémolo ben. Mentras policias e políticos miraban pra outro lado e o narcotráfico se afacia con medio país foi quen de meter man e poñer orde. Agora eses mesmos xuices cobardes condean a o que tivo a decencia de facer o seu chollo: loitar contra a corrupción
Pero iso non interesa. Tanto ten que as nosas estradas estean inzadas de puticlubs. Puticlubs contra os que nada se fai mentras se para a todo quisque pra que sople... Non se fai nada por controlar o tráfico de explosivos nin por axudar aos cidadáns. O terrorismo... contra o que nada fixeron nin lograron era o seu obxectivo e hoxe non saben onde meterse

Pois o dito, Temos un país de políticos que nada fan nin saben facer. Unhos funcionarios lacazáns e uns líderes de opinión vergoñentos

Archeoten. dijo...

A "Marca Espanha" para mim é um pais donde um informe oficial sobre crescimento económico se titulou vai anos "España 2 - Alemania 0, Crescimento económico", ou de repente uns senhores que vam dando-lhe patadas em pantalões curtos ghanham um maçacote e imediatamente se di que isso significa que "se pode sair da crise" (eu a dia de hoje sigo sem poder estabelecer conexão lógica entre uma coisa e outra)

Um pais donde un conselheiro de cultura fala de que o Jacobeo "é a Champions e Benicasin unha terceira división" etc., e no que parece que todo descurso sobre temas aparentemente sérios, importantes ou pertinentes tem que ser representado a traves de metáforas futebolísticas, gastronómicas (Gadis, Gadis) ou parábolas extraídas da edificante vida de Belem Estevan, será que ao final a Marca Espanha é em realidade O MARCA de Espanha ?...e que se pode esperar dum sitio onde as coisas funcionam nestes termos: Dixo alguem "deus aparte de nos o funesto vicio de pensar" e repetiu o celebre filosofo corunhes "viva la muerte abajo la la inteligencia" ...pero de "bo rolhito e circo, neno"

Em fim agora estou vendo uma esperpento-entroidada comemorativa da futura festa do Cozido de Lalim (eu tambem tenho avoa e a ela também lhe gosta Luar ...) donde uns indivíduos importantes, com pelas e mesmo cargos se vestem com roupas ridículas e repetem rituais e juramentos absurdos ...e tudo isso por ridiculo que for se retransmite urbi et orbi pela televisão autonómica na mais pura imagem de uma peli de Berlanga passada de ácidos lisérgicos

A Marca Espanha é em resume por repetida e re-repetida e por mero significante sem significado detras, isso só uma slogan comercial, puro merchandising de peponas como o das galhetas, o do Cola-Cao, os chupachups ou as pastilhas Juanola de em tempos ...e, a fim de contas, como dizia a minha senhora avoa: ..."moita venta não terá se é que tanto o anunciam"

Anónimo dijo...

Eu deixei de velas noticias pola TV fai tempo, pero sego conectado a pseudorealidade a través da prensa escrita na rede, e o de Garzón caso Gurtell, etc paréceme noxento ata vomitar, non sei se haberá unha definición millor para este estado no que estamos que o de república bananeira. Dende logo quen pretenda defender que en España vivimos en democracia xa ten argumentos dabondo para calar per secula seculorum. E quen pretenda dar a entender que neste país seguimos nunha continuación da anterior dictadura disfrazada de non sei qué, ten unhes poucos argumentos para confirmar as súas hipóteses. Pinta feo moi moi feo, e agora ademáis a xente está no límite da tolerancia, e vendo as revolucións do sur, igual non estamos tan lonxe de algo similar. O tempo dirá.