21/2/12

Galician outsiders


Unha das eivas da Arqueoloxía galega da segunda metade do século XX foi a extrema cerrazón cara a todo o que viña de fóra. A conformación dun sistema cultural galaico-minhoto amparou o continuismo coa arqueoloxía galeguista e un claro inmovilismo á hora de achegarse ao mundo dos castros. Resulta curioso como os autoproclamados bos e xenerosos, os loitadores pola Patria, os implicados no proceso de nation building, pecharon calquer vía á proxeción da ciencia arqueolóxica galega no exterior. Como no chiste sobre os conto de carapuchiña vermella, a comezos do terceiro milenio d.n.e. carallo como che cambiou o conto!.
O noso compañeiro Xosé Lois Armada vén de publicar xunto con Tom Moore un libro en Oxford que vai ser un referente bibliográfico nos vindeiros anos. O volume, garimosante editado, recolle as contribucións de arqueólogos e arqueólogas de toda Europa verquidas no congreso Atlantic Europe in the First Millenium: Crossing the Divide celebrado en Durham (UK)no outono de 2007.
Neste libro inclúese o noso capítulo
Parcero Oubiña, C., González García, F. J., Fábrega Álvarez, P. e Ayán Vila, X. M. 2007. Iron Age Societies against the State no que porpoñemos unha interpretación da emerxencia da paisaxe fortificada partindo da antropoloxía anarquista de Pierre Clastres.
Unha maneira coma outra calquera de poñer Galicia e á ciencia galega, no mapa, pese a quen lle pese.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

sen libras....

Anónimo dijo...

0 125€ en Amazon.es

Argh