12/12/11

Monumento




O sector Sur do Monte do Castro é o exemplo perfeito do proceso de monumentalización do eapazo doméstico nos poboados fortificados das Rías Baixas ao longo da Idade do Ferro. Dos primeiros tempos do asentamento contamos con depósitos cincentos e ornamentos de bronces, entre buratos de poste esparexidos aquí e acolá. Todo un puzzle carregado de lenes pegadas dun período do que aínda sabemos ben pouco. As choupanas feitas con materiais perecedoiros recordan o panorama característico dos hillforts británicos ou dos castros de Centroeuropa. Na 2ª Idade do Ferro ten lugar un dos procesos máis característicos do NW: a petrificación das vivendas. Cabanas circulares de cachotería agroman por riba das precedentes neste sector S do Monte do Castro. Sobre estas casas soergueráse unha monumental casa-patio que imita o modelo de prestixio dos oppida bracarenses. Espectacular.