12/12/11

Monte do Castro



A xeometría dos paramentos murarios dos nosos castros son dignas de formar parte das avangardas artísticas. A reutilización de muíños na arquitectura doméstica confire un toque estético que vai máis alá da mera funcionalidade. Cambia o conto entre ver unha morea de muíños descontextualizados nun museo e velos in situ, in loco ou reutilizados. Durante moito tempo, os que consideraban Roma como a panacea do desenvolvemento tecnolóxico castrexo eran da opinión de que este trebello chegou coa conquista. Hoxe sabemos que foi introducido séculos antes por mor do comercio con mundo púnico. As fotos que vedes correspóndese coas escavacións desenvoltas brillantemente por Rafael Rodríguez no Monte do Castro en Besomaño (Ribadumia). Podedes seguir a intervención no blogue

wwww.montedocastro.wordpress.com