2/11/11

Aires da República


Mañá, xoves día 3 de novembro, ás 20:00 horas no Colexio de Fonseca, inaugúrase a exposición AVIADORES DA REPÚBLICA, unha mostra da Asociación de Aviadores da República (ADAR) en colaboración coa Fundación AENA e o ATENEO DE SANTIAGO que pretende dar a coñecer a orixe, historia e traxectoria dos compoñentes das Forzas Aéreas da República. A exposición permanecerá aberta ata o 30 de novembro.
A aviación foi determinante na batalla do Ebro. Nas escavación que fixemos nas trincheiras de La Fatarella contamos como socios aos membros do equipo catalán dirixido por Francesc Xavier Hernández, un dos investigadores que máis ten estudado o papel da aviación republicana. Un bo exemplo é o libro colectivo:
Hernandez, F.X.(Coor); Besolí, A.: Gesalí, D.; Íñiguez, D.; Luque, J.C.: Ebro 1938. Inèdita Editores, S.L., 2005. Barcelona.

No hay comentarios: