28/10/11

A situación actual do Patrimonio Galego


Estes días pasados celebráronse no Consello da Cultura Galega unhas xornadas de reflexión sobre a situación actual do Patrimonio Cultural de Galicia nuns intres no que se está a facer un borrador para unha nova Lei de Patrimonio que supere a de 1995. Entre o público convidado a tal efecto atopábanse esgrevios representantes da xeración formada polos mestres da Arqueoloxía galeguista (Bouza Brey, Taboada, Filgueira) e que desenvolveron o seu traballo no eido da Museística: Carlos García Martínez, Francisco Fariña, Xosé Carlos Sierra, Xosé Manuel González Reboredo, membros da alcumada nos anos 70 a Nova Arqueoloxía galega. Até aquí todo ben. Das novas xeracións de científicos sociais (antropólogos, etnógrafos, arqueólogos) non había apenas rastro neste simposio. Tampouco abondaban os profesionais de empresas privadas e técnicos de xestión do Patrimonio Cultural que coñecen ben a realidade. Estas xornadas de reflexión reflicten moi ben o modelo tradicional no que se baseou o sistema cultural galego dende hai décadas: un metadiscurso sostido por un núcleo de intelectuais emprazados en institucións de memoria con grande capital simbólico, aos que se acode cando se move ou se tenta mover algo. Que cómpre deseñar os contidos do Museo de Historia da Cidade da Cultura, pois se bota mao do comité de sabios, e así sucesivamente. Se en 1995 este modelo xa era caduco, en 2011 xa se pode maxinar un que a Galicia da globalización, a multiculturalidade e a crise non pode alicerzarse en conceptos como cultura espiritual-cultura material ou autenticidade, categorías decote empregadas nos escasos intres de debate destas xornadas.

2 comentarios:

Nemigo dijo...

o poste (telefónico e eléctrico) e o colector de lixo son os maiores enxendros que se teñen perpetrado contra a estética

Anónimo dijo...

Sobre o Museo da Historia da Cidade da Cultura pode encontrar aos autores do Informe en:CONSELLO DE CONTAS DE GALICIA - Inicio
www.ccontasgalicia.es/.../Memoria_2005_C.pdfSimilares - Traducir esta páxina
You +1'd this publicly. Undo
Formato de arquivo: PDF/Adobe Acrobat - Vista rápida
Memoria anual de actividades del Consello de Contas de Galicia ... 1 Informe General de las Entidades Locales de Galicia ..... Cidade da Cultura de Galicia ...
É útil a súa lectura e mesmo saber de qué van algúns