8/8/11

Chamartín de la Sierra




Chamartín de la Sierra é unha pequena aldea nas estribacións da serra abulense, dende a que se dominan as amplas terras meseteñas desta zona de Castela. Pobo de pastores, a modesta arquitectura doméstica de granito esmorece paseniñamente. Os seus habitantes son orgullosos do seu e ollan cara ao futuro con respecto ás súas raigames. A comunidade local é a mellor garante do oppidum de Mesa de Miranda, un castro de 30 Ha cunha abraiante necrópole asociada, escavada nos anos 30 e 40 por Juan Cabré e Antonio Molinero. O expecial vencello entre a xente e o seu castro fixo que se organice dende hai anos un Mercado Vetón polo mes de agosto, actividade relanzada polas escavacións levadas a cabo na pasada década por un equipo arqueolóxico dirixido por Javier González-Tablas da Universidade de Salamanca.

No hay comentarios: