Os vellos camiños do Barbanza
Este sábado 2 de xullo, ás 12 do mediodía, presentarase na Casa de Cultura de Boiro o libro Os vellos camiños do Barbanza coordenado por Mª. Lª. López Otero da Asociación O Faiado II. Neste volume inclúese o artigo noso Entre ambas as dúas rías: vías de tránsito, arqueoloxía e paisaxe no Barbanza unha nova entrega do enfoque interdisciplinar que preside a xeira investigadora dos United Neixons. Desta volta, os autores somos X. M. Ayán Vila (LAPA, CSIC, X. M. Sánchez Sánchez (Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago), L. González Pérez (Alicerce S.L, P. Fábrega Álvarez (LAPA, CSIC), R. Mª. Rodríguez Martínez (Deputación de Pontevedra), P. Fermín Maguire (Arqueólogo do proxecto dos castros de Neixón), J. C. Collazo Alejandre (Arqueólogo do proxecto dos castros de Neixón) e J. Á. Anca Calvo (Director Técnico de Alicerce S. L.). Para a semana teredes á vosa disposición o PDF da publicación.
1 comentario:
Está ese pdf listo? Estamos a buscar o camiño do 30 de xullo que organizan os do Faiado! En canto o colgues avisa, fai favor. Apertas.
Publicar un comentario