10/5/11

Santo Eufrasio




O Incio non é só a terra do poeta Lois Pereiro, o universo bravío de Fole ou o berce da cantante nacional Lucía, tamén é o solar de adopción de Santo Eufrasio, varón apostólico de Andúxar cuxos restos foron traídos ao val do Mao polos devotos mozárabes no século VIII da nosa era. A grande festa de Santo Eufrasio é o vindeiro 15 de maio. Coma no caso de San Trocado nas terras do Ribeiro, este santo adoptado polos galegos foi unha ferramenta máis na apropiación simbólica do espazo, nun intre no que nesta zona o mosteiro de Samos artellaba o territorio a instancias da monarquía astur-leonea. Antolóxico foi o cabreo dos fregueses das parroquias do Mao no século XVI cando a Felipe II lle deu por devolver os restos do santo a Andúxar. Todo un tesouro por estudar dende a Historia das mentalidades.

No hay comentarios: