Cacao
A illa de Bioko era a illa de Fernando Poo na época colonial, paradiso da explotación de cacao para unhas cantas empresas españolas, que deixaron a súa pegada nos topónimos dos patios comestos hoxe pola selva. Un deles é o patio de Elgoriaga, é dicir, da famosa firma vasca Elgorriaga, camiño de Malabo a Batete. Os brancos españois tiñan ao seu servizo a semiescravos bubi pero sobre todo nixerianos para o mantemento das prantacións de cacao. Esta clase subalterna vivía en barracóns ao sopé da residencia colonial. Velquí tedes un exemplo desta arquitectura da explotación. A fotografía antiga é de 1936. Durante a época colonial os españois trasladaron poboacións enteiras do continente á illa para incrementar a produción, xa que se tiña en moita consideración a capacidade de traballo dos fang. Os empresarios capitalistas presionaron ao goberno español para consolidar este sistema de explotación no primeiro terzo do século XX. Antes da independencia en 1968, existía todo un lobby do cacao ao servizo de Carrero Blanco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario