11/5/11

Leccións de democracia


En Arqueoneixon non somos militantes nin simpatizantes de ningún partido político, nin de coña. Facémonos eco desta nova do PSOE de Boiro porque non deixa de ser rechamante. O aspirante Ares á alcaldía, alma mater da desfeita da área arqueolóxica e campo da festa de Neixón nestes últimos tempos, defende un proxecto de «democratización e modernización social promovido polos socialistas boirenses no noso programa Construíndo o Boiro das persoas, que busca fomentar unha maior transparencia e participación cidadá nas cuestións referentes ao goberno municipal mediante o emprego dos medios de comunicación dixital».
«Vivimos nun mundo en plena revolución dixital», polo que «a xestión do goberno municipal non pode permanecer allea ás demandas da cidadanía, e debe transformarse para achegarse aos veciños»
Claro, por iso aplican políticas de feitos consumados, pasan amplamente e ningunean á comunidade local, con intervencións á marxe de calquer negociación cos habitantes da contorna de Neixón. Cando se cargaron un cuncheiro no foxo desmantelado polas obras de ampliación do CAB o ano pasado, ante a pregunta crítica dun veciño que vía saír camión cargados de cunchas, recibiu como resposta dun responsable socialista do concello: Esta obra hai que facela por collóns. Supoño que será un ruxe ruxe sen sentido, propio del pueblo llano. O Boiro das persoas.

1 comentario:

Anónimo dijo...

MUCHO WIMAX, pero.....no les valió para parar el fogonazo electoral.
Rafa