Arqueoloxía da guerra civil
Este ano o Seminari Arqueologia i Ensenyament incluíu o eido da recuperación da memoria histórica en Catalunya e a súa integración en proxectos educativos. Pol Galito e Rosa Solsona amosaron o amplo proxecto de musealización e difusión realizado na fronte de guerra da cabeza de ponte de Balaguer (Lleida). Antes da batalla do Ebro todos agardaban unha macroofensiva franquista pro esta zona o que conlevou a conquista dunha cabeza de ponte, a estabilización da fronte e a consecuente construción de grandes infraestruturas bélicas, tanto do lado fascista coma do republicano. La Associació d’estudiosos del front del Segre y el Camp d’Aprenentatge de la Noguera colaboraron para abordar todo este Patrimonio e proxectalo na sociedade. Toda unha combinación de amateurismo, didáctica e participación cidadá. As actividades comezaron en 2005 coa realización de exposicións sobre o cnflicto, sempre con materiais orixinais (non traballan con reproducións), a musealización da Cota 305, El Merengue, actividades cos sobrevivintes da Quinta do Biberón, a localización, rexistro e sinalización dos espazos da guerra, dos lugares emblemáticos da guerra, a represión e a loita antifranquista nas bisbarras de Lleida. No ano 2006 leváronse a cabo escavacións arqueolóxicas tanto de posicións franquistas coma republicanas. Entre 2009-2011 procedeuse á recuperación doutros espazos na fronte do Segre, a petición doutros concellos que viron o éxito acadado no caso do proxecto pioneiro de El Merengue. Os espazos intervidos (Sentiu de Sió, Tossal de les Forques, Trinxeras dels Tossals en Mongai) van dende refuxios, a trincheiras, niños de ametralladoras, pozos de tirador, búnkers, etc... Incluso se recuperou un tanque T-26 dentro do río en Vilanova de la Barca agora exposto ao público nalgo semellante a unha rotonda.
1 comentario:
é unha pena que nesas zonas non exista máis conciencia da hitoria da guerra civil. Moitos dos restos foron vendidos durante décadas como chatarra. E hoxe aínda se pode ver a desaprensivos con detectores de metais por isas zonas
A pouco que busques atopas balas ou restos de metralla da época
Publicar un comentario