Posesión
Propoñémosvos en arqueoneixon unha viaxe ao Golfo de Guinea. Moita xente se pregunta por que se fala castelán nese curruncho de África. A historia colonial deste pequeno país é bastante descoñecida. As illas desa zona do continente negro recibiron aos navegantes portugueses no seu camiño cara ás Indias: Fernando Poo, São Tomé e Príncipe, Cabo Verde, Corisco, Annobón foron re-batizadas por estes descubridores que deseguida chantaron fortíns nos arquipélagos e na liña de costa do continente, como lanzadeiras da actividade comercial coas comunidades da selva. O convulso século XVII, coas loitas de Portugal pola súa independencia de España, serviron de contexto propicio para que outras potencias europeas se abrisen camiño na zona, nomeadamente británicos e holandeses. Mais a chegada de España se produce en 1778, grazas a un intercambio territorial con Portugal. Maxinádevos o contexto: España cun enorme Imperio en América pouco caso lle faría a uns illotes perdidos ao carón dun continente descoñecido. Trala perda de América, a situación trocaría de xeito radical, e esas illas pasarían paseniñamente a formar parte do imaxinario colonial dun Estado ao que só lle quedaba Cuba, Puerto, Rico e Filipinas. Nesta época comeza a asentarse a historiografía romántica nacionalista española, dando lugar a recreacións pictóricas da Historia de España con maiúsculas que chegaban aos manuais escolares, as revistas e os libros. A toma de posesión de novas terras para a Coroa é un fito centos de veces recreado: quen non recorda algún cadro da chegada de Colón a América? Do mesmo xeito, a Marina española procura reverdecer vellos loureiros e velaí temos o exemplo do galego Méndez Núñez, prócer militar da Patria vencedor no Pacífico nun conflicto lonxano e decoñecido. Mérito que abondou para erguer estatutas e conservar parte do seu buque dentro do Museo de Pontevedra. Nesta época ten lugar a conformación de todo este enfoque patrioteiro, materializado arqueoloxicamente tamén en Guinea Ecuatorial. Na fotografía tedes un obelisco supervivinte, chantado na época colonial ao carón da estrada de Malabo a Luba, fronte ao Oceáno Atlántico. Sobreviviu ao antiespañolismo do rexime de Macías (1969-1979). Na placa conmemorativa podemos ler o seguinte texto:
El 24 de octubre de 1778 el Brigadier don Felipe de los Santos Toro, conde de Argelejo, con las fuerzas de su mando transportadas en las fragatas "Santa Catalina" y "Nuestra Señora de la Soledad", tomó posesión en este mismo lugar en nombre de España y de su rey Carlos III de esta isla de Fernando Poo y demás territorios cedidos por Portugal en el tratado de El Pardo de 11 de marzo de 1778, haciendo la entrega en nombre de la reina fidelísima María I, su comisario Frey Luis Cayetano de Castro Capitán de Mar y Guerra y Comandante de la fragata lusitana "Nuestra Señora de Gracia".
Loor al conde de Argelejo, Adelantado de España en Guinea y a los Jefes y oficiales, soldados y marinos que desempeñaron la comisión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario