23/3/11

Mi primaveras máis ou centos de museos máis?


Quen queira coñecer a evolución da relación Política-Patrimonio-Arqueoloxía en Galicia pode facer un percorrido polas novas de prensa protagonizadas polo dolmen de Dombate dende 1985 até a actualidade. Todo un camiño que culmina na recente inauguración do centro arqueolóxico do dolmen de Dombate. Nos últimos días, casualmente, os medios de comunicación ínzanse de notas de prensa verquidas polas Administracións e que dan a coñecer a apertura, inauguración, reinauguración e redefinición de infraestruturas vencelladas co Patrimonio arqueolóxico: o parque arqueolóxico da Cultura castrexa en San Cibrán de Lás (Xunta de Galicia), o futuro do castro de Baroña (?), a apertura do dolmen de Dombate, os novos castros BIC, a desfeita da ampliación do Centro Arqueolóxico de Neixón... Doutra volta, a prensa fíxose eco dun dato senlleiro: Galicia conta con máis dun cento de museos. Unha realidade interesante na que reflexionar a poucas semanas das eleccións municipais.

1 comentario:

Nemigo dijo...

teño moito interese en ver o (novo) domen de dombate. Penso que o acontecido alí... a desfeita e deixadez de anos ben merecen algo digno pra a nosa memoria