2/3/11

La ampliación del CAB se atascó en la cimentación


A día de hoxe ninguén rebatiu publicamente estes catro asertos, probablemente porque son certos:
1. A ampliación do CAB destruíu estruturas arqueolóxicas dos castros de Neixón.
2. A ampliación do CAB destruíu parte dese espazo simbólico que é o campo da festa da romaría de Neixón.
3. A ampliación do CAB é unha obra totalmente innecesaria.
4. A ampliación do CAB é un despilfarro para o que, loxicamente, non hai cartos.
Aparte destas catro realidades que todo o mundo pode ver, temos unha quinta moi doada de entender. A ampliación do CAB é un proxecto do PSG de Boiro, concretamente do tunante-alcalde Ares, do ferreteiro Piñeiro e dese Rasputin chamado Víctor Barbeito. Contra vento e marea, esta xente empregou como táctica a vella estratexia caciquil decimonónica galaica: demandar apoio a galegos posicionados politicamente na escena nacional, dentro do seu partido, claro. No seu día foi o Ministro de Cultura, o coruñés Molina o elixido (aí están as hemerotecas). A súa defenestración foi un golpe para as aspiracións destrutivas do trío boirense. Agora lle toca o turno a outro galego que trunfa na Villa y Corte: o ministro de Fomento. Esta xente demanda nin máis nin menos ca 725.000 euros. Unha proba evidente da falla de coneixón coa realidade desta xentiña. Pola súa vez, medios de prensa que reproducían como loros as notas de prensa desta xente, semella que comezan a darse de conta do despropósito, iso si, cun estilo que recorda a última esperanza dos fanáticos nazis para gañar a guerra coa arma definitiva do Führer. Velaquí tedes unha nova de El Correo Gallego de hoxe:

Precisamente ahora que el Concello de Boiro está a punto de lograr la catalogación que permitirá al centro arqueológico de Neixón convertirse en un museo y que el yacimiento opta incluso a ser declarado BIC, el ejecutivo local está teniendo serios problemas para desatascar la ampliación del complejo, parada desde octubre.
Y es que la inversión de 225.000 € realizada por el Ministerio de Cultura para iniciar los trabajos destinados a la musealización del recinto sólo alcanzaron para sentar literalmente las bases del proyecto, es decir, para llevar a cabo la cimentación de las instalaciones.
Pero el coste total del proyecto, que contempla la construcción de un complejo que albergará dos salas de exposiciones (una para la colección permanente y otra para muestras temporales), un auditorio y una zona de trabajo, tiene un coste total de 950.000 €.
El gobierno local ya ha llamado a las puertas de numerosas administraciones pero, de momento, no logró ninguna aportación para reunir los 725.000 € necesarios. El teniente de alcalde, Jesús Ares, dijo que aún le queda una puerta a la que llamar y que lo hará en breve: la del Ministerio de Fomento.


Impagable esta última frase: El teniente de alcalde, Jesús Ares, dijo que aún le queda una puerta a la que llamar y que lo hará en breve: la del Ministerio de Fomento. O terrible é que se presuma desta maneira de facer política. En fin. Así nos vai.