24/2/11

Encontros barbanzónicos


Esta fin de semana ten lugar unha nova edición dos Encontros de Arqueoloxía do Barbanza. Sen dúbida trátase dunha boa iniciativa impecable dende o punto de vista do márketing arqueolóxico (Atapuerca é unha boa escola) e non seremos nós que a critiquemos por iso. Tamén resulta evidente que a Casa de Cultura de Boiro ten un aforo dabondo para acoller a centos de participantes, condición que non se dá no CAB. Así e todo é unha mágoa que Neixón quede marxinado espacialmente, cando debe ser este tipo de eventos unha ferramenta para obrigar á xente a ir á área arqueolóxica de Neixón. En todo caso, o que si reulta chamativo é a ausencia, por segundo ano consecutivo, dunha comunicación que presente publicamente datos, resultados... algo das intervencións arqueolóxicas desenvoltas en Neixón en 2009 e 2010. Da divulgación en tempo real pasamos á clásica arqueoloxía elitista á marxe da sociedade, ao secuestro de información arqueolóxica por científicos que pasan da comunidade local, da cidadanía e dos propios arqueólogos. Igual resulta que están agardando polos norteamericanos para publicar unha soa liña, aínda que sexa no Gallaecia de 2012. País.

Imaxe tomada do Xornal Certo

4 comentarios:

Víctor dijo...

Bienvenido de nuevo!! Ya apetecia volver a leer el blog.

Anónimo dijo...

benvido Ayán!

Patrim

Anónimo dijo...

Eso,que tanto tiempo desaparecido no puede ser.
Un saludo

Anónimo dijo...

"aínda que sexa no Gallaecia de 2012"... E logo? Agora resulta que o Gallaecia é unha bosta seca? Pois a min seméllame unha das poucas publicacións dignas deste país. Se cadra é mellor nalgunha españolada do CSIC...