A Caeira
A xente que vivimos ou temos vivido en Pontevedra recoñecemos na paisaxe o perfil da aba da Caeira, a zona alta da Boa Vila malia que se ubica no concello de Poio. Os chalets residenciais. As urbanizacións de luxo. Os acampamentos xitanos. O mercadeo da droga. O recordo das árbores onde se afusilaba no 36, onde foi asasinado Alexandre Bóveda entre outros moitos, alén Lérez. Pedras cercenadas pola cantería tradicional. Grilleiras sobre os rochedos nos que se conservan petróglifos xa recoñecidos polos pioneiros da Sociedad Arqueológica. Panorámicas excelentes da cidade medieval que hoxendía vive de costas ao mar. Achegádevos á Caeira para comprender grande parte da historia recente da paisaxe deste país.
No hay comentarios:
Publicar un comentario