21/9/10

Revivindo castros


O anuncio da realización dunha película titulada Galaicus desatou todo un debate na Rede que exemplifica perfectamente o tipo de Arqueoloxía que se concibe e fai neste país. Podemos facer toda unha análise psicoanalítica do noso gremio fixándonos nas reaccións dos arqueólogos e arqueólogas perante este tipo de recreacións.
Onte estivemos toda a tarde e serán no castro recreado en Punta Couso (Ribeira) como ambientación de escenas que formarán parte dun documental de Prehistoria Recente e Protohistoria de Galicia dirixido por José Manuel Novoa. Neste proxecto adoptamos o título grandilocuente de asesor científico, un título que enche de orgullo a moitos académicos que sofren de angueira porque o seu nome apareza en comités científicos, comités editoriais, comités honoríficos e demais galóns. Loxicamente a nosa asesoría é moi sui generis, pero contesta de facto á primeira pregunta que vos lanzamos:
Debe a Arqueoloxía entrar no mundo da recreación, da imaxinación, do pouco fundamentado empiricamente, do indemostrable?

1 comentario:

Nemigo dijo...

lóxico que si. Ir ver unha peli (gradiator, por exemplo) é unha anguria. Está ben facer cine "histórico" pero que teña algo de base e a ser posible que se cinga á historia. Faise necesario que alguén asesore. É así un castro? Podemos ver a peli e facernos unha idea de como sería a vida nun castro? Pódese HOXE recrear a construcción dun dolmen?