7/7/10

Nova charla lanzadeira


Mañá xoves 8 de xullo de 20:30 a 21:.30 h (Cada das Canteiras de
Noalla) segunda Charla Lanzadeira a cargo de BUENAVENTURA APARICIO
CASADO (Fundador e Coordenador do Grupo de Investigación Arqueolóxica
e Etnográfica “Laxe da Irena”).

A LANZADA REINTERPRETADA: TÓPICOS E PREXUÍZOS SOBRE UNHA PAISAXE
MÍTICA E LENDARIA

Nesta charla falarase do conxunto de lendas que os vellos contaban
sobre a Ermida, o Castillo e o Campo da Lanzada. Doutra volta tamén
se tratarán os rituais que se veñen facendo dende hai centos de anos
na contorna da Capela.

Máis información no blog: alanzada.wordpress.com e tamén en
facebook:
http://www.facebook.com/pages/A-Lanzada-Pousadas/100120756704697

No hay comentarios: