Despropósito
Aquí vedes reproducida unha reconstrución dos castros de Neixón que apareceu no libro das festas de Boiro 2010 e que seica vai ser a portada da guía breve da área arqueolóxica de Neixón. Seica esta era a visión de Neixón no século III a. C.
É lamentable que se engane á xente despois de anos e anos de escavacións, despois de centos de páxinas publicadas. O arqueólogo do CAB volve amosar a súa sapiencia con despropósitos como amosar habitado o Castro Pequeno cando os vestixios últimos de ocupación son do século V a. C., como inventarse entradas ao Castro Grande por onde non son, como inzar o interior do recinto superior do Castro Grande de casas no século III a. C., cando o único que había eran foxas esparexidas polo interior da croa (non era un poboado), como inventarse literalmente un antecastro habitado.
O que está claro é que aquí hai alguén que non sabe nada da área arqueolóxica que seica debe xestionar, que non leu nin unha páxina das memorias de escavación precedentes e que engana ao público visitante. Profesional, moi profesional.
4 comentarios:
¡Detengan a esos tipos! ¡producen conocimiento!
O arqueólogo do CAB volve amosar a súa sapiencia con despropósitos como amosar habitado o Castro Pequeno cando os vestixios últimos de ocupación son do século V a. C., como inventarse entradas ao Castro Grande por onde non son, como inzar o interior do recinto superior do Castro Grande de casas no século III a. C., cando o único que había eran foxas esparexidas polo interior da croa (non era un poboado), como inventarse literalmente un antecastro habitado.
O que está claro é que aquí hai alguén que non sabe nada da área arqueolóxica que seica debe xestionar, que non leu nin unha páxina das memorias de escavación precedentes e que engana ao público visitante. Profesional, moi profesional.
Cál é a novidade? E, por favor, non lle chamedes arqueólogo. É, simplemente, un inútil!
Mola mazo, que diría Camilo VI. Con esa lámina se puede jugar al juego de los 20 errores (y sobran unos cuantos). Yo creo que la van a usar en la Facultad como ejemplo para futuras generaciones.
Ya lo dice el título "Guía breve dun complexo". Aiss, aiss...
Yo, si fuera el arqueólogo del CAB no saldría de casa por vergüenza. ¿Tanto odia o desprecia a los anteriores investigadores de los castros de Neixón como para no haberse leído una letra de lo escrito? ¡Qué indocumentado!
Publicar un comentario