22/7/10

Nova charla lanzadeira


Hoxe ás 20:30 do serán na Casa das Canteiras de Noalla impartirase unha nova charla lanzadeira, desta volta a cargo de Antonio de la Peña Santos, arqueólogo do Museo de Pontevedra que participiou nas escavacións dos anos 70 e dirixiu as últimas escavacións n’A Lanzada a comezos dos anos 80. Antonio é memoria viva da Arqueoloxía galega dos últimos corenta anos e un excelente comunicador e divulgador do Patrimonio arqueolóxico deste país. Non vos perdades esta nova charla lanzadeira que versará sobre a relación do Museo de Pontevedra co xacemento d’A Lanzada ao longo do século XX.

No hay comentarios: