1/6/10

Xudeus de Bratislava



Até a década de 1930 a fidelidade nacional dos xudeus de Centroeuropa mantívose incólume favorecendo a integración en sociedades cun fondo sentimento antisemita. Pola contra, nos anos 30 comeza a espallarse a ideoloxía sionista potenciándose o asociacionismo cultural e político. Nestas fotografías podedes ver a nadadores xudeus nunha competición a comezos dos anos 30 e un grupo de boy scouts xudeus que facían práticas de campo para adestrarse como paso previo á marcha a Palestina. Incluso foron ensaiados os primeiros kibutz por estas terras.

Fotografías no Museu de Cultura xudea de Bratislava.

No hay comentarios: