1/6/10

Shoah



Pola mesma época o antisemitismo comezou a inzar o discurso político eslovaco converténdose en ideoloxía oficial coa instauración do rexime clerofascista de Josef Tiso entre 1939 e 1945. O goberno eslovaco, satélite dos nazis, deseguida levou a rúa a humillación pública dos concidadáns xudeus, moitos dos cales foran evacuados a Estados Unidos meses antes. Entre o 25 de marzo e o 2 de octubre de 1942 tivo lugar a primeira vaga de xudeus enviados aos campos de exterminio; grazas ao rexeitamento de parte da poboación e á acción de funcionarios do Estado eslovaco o sufrimento parou até a ocupación alemá, retomándose o asasinato en masa entre o 30 de setembro de 1944 e o 31 de marzo de 1945. Xudeus eslovacos foron os encargados de inaugurar as cámaras de gas de Auschwitz. 70000 xudeus eslovacos morreron entre 1939-1945.

Fotografías: Un xudeu humillado pola polícia eslovaca nunha rúa de Bratislava e literatura antisemita da época.

1 comentario:

lorcho dijo...

La primera foto es jodidísma, adjetivo cruento pero real. Sobre todo las sonrisas absurdas, animales, y la mirada directa del humillado a medio camino entre el temor y la ira que, por su bien, ha de ser contenida.