15/4/10

Miguel Delibes


O 12 de marzo pasado morreu ese xenial contador de historias que foi Miguel Delibes. Perfecto coñecedor da paisaxe (natural, cultural e simbólica) do agro castelán, deixounos unha pequena xoia literaria de temática arqueolóxica: El tesoro (1985). Nesta deliciosa historia, o autor amosa o conflicto que se desata entre a comunidade dunha pequena vila e a Arqueoloxía académica e maila Administración co gallo da aparición nun cortalumes dun tesouro da 2ª Idade do Ferro. Delibes homenaxea ao seu fillo, coñecido prehistoriador, cunha obra na que debuxa perfectamente o perfil psicolóxico de Jero, un arqueólogo apaixoado e vocacional, na que dá as claves para comprendermos o traballo de campo en Arqueoloxía, na que esboza as tensións que agroman cando se xestiona dende o presente o pasado, cando a Adnministración e a Ciencia se apropian dun Patrimonio arqueolóxico co que convivía dende séculos a sociedade tradicional. Xente como Delibes fixo máis pola Arqueoloxía que moitos de nós, artífices de científicas memorias de escavación ilexibles e aburridas. Literatura gris en contraposición á verdadeira literatura.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Pode ser que fixeran unha película con Antonio Banderas tendo como guión este libro?

lorcho dijo...

Sí, pero non con Banderas. A peli é homónima, El Tesoro, de fináis dos 80, creo. A dirixe Antonio Mercero e creo que a protagonizaba José Coronado. Un pouco de arqueoloxía antes dos bífidus. XDDD

Anónimo dijo...

Iso ó iso, Coronado!

Anónimo dijo...

Lástima que dun guión tan bó a película non fora nin decente.