Arqueomalacoloxía social
Dende arqueomalacologia.blogspot informan de que xa están colgados no site da Iª Reunión Científica de Arqueomalacología de la Península Ibérica (León, 20-21 de maio de 2010) os resumos e maila segunda circular. O noso equipo de traballo participará coa comunicación Paisaje, Arqueología y Sociedad: experiencias arqueomalacológicas en el campo de trabajo de los castros de Neixón (Boiro, A Coruña) (2005-2008).
Mostraremos nesta comunicación un balance crítico da liña de investigación, difusión e divulgación en Arqueomalacoloxía desenvolta no proxecto de Neixón e liderada por Eduardo González Gómez de Agüero e Víctor Bejega García (Universidade de León). Como sabedes, a nosa estratexia de traballo interdisciplinar contemplou non só a escavación dun concheiro da 2ª Idade do Ferro con voluntarios procedentes de todo o mundo, mais tamén a organización de seminarios e obradoiros de procesado de materiais, estudos etnoarqueolóxicos encol das práticas marisqueiras actuais na zona, o desenvolvemento de actividades divulgativas coa comunidade local así como a realización de documentais sobre esta temática.
http://sites.google.com/site/reunionarqueomalacologia/home/resumenes
Fotografía: coñecemento da fabricación artesanal de bateas e do marisqueo na ría de Arousa. Actividade desenvolta con voluntarios no campo de traballo dos castros de Neixón en agosto de 2005.
No hay comentarios:
Publicar un comentario