19/4/10

Carencia de fulgor fundamental


Vímolo dicindo dende hai anos. Neixón é toda unha escenografía da Postmodernidade, un espazo mítico no que conflúen diferentes discursos, polo que escoan relatos e enfoques dispares, dende o ensaio científico ao literario. Neste devalar topámonos cunha xoia publicada na edición Barbanza de La Voz de Galicia, un texto inclasificable, único, fundador dun novo xénero que quizais houbera que definiir por un termo máis preciso que eu non me atrevo a acuñar. O artigo, de Antonio Argibay, comeza así:

En Neixón (Cespón) atópase un xacemento prehistórico que eu tiven a oportunidade de visitar hai varias semanas. Alí teremos ocasión de coñecer ao responsable das instalacións, Víctor Barbeito, que na súa visita guiada nos ilustrará con aplomo e sapiencia incuestionables (sic). Cando nos atopamos na areopoloe (sic), a primeira impresión que recibimos é o que eu chamaría carencia de fulgor monumental (sic). Repararemos nos habitáculos circulares, fatigosamente construídos, e só con carácter parcial, polas doctas mans dos arqueólogos. Sentirémonos en certo sentido defraudados, pero será no museo contiguo ao castro onde as explicacións do director nos fagan comulgar coas íntimas reliquias gnoseolóxicas (sic), que garda como un tesouro o emprazamento.
De aquía á xenética, os celtas e casas circulares, que nos revela que a arquitectura da época era tenue no seu desenvolvemento.

http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2010/04/17/0003_8422840.htm

Fotografía de Yolanda Porto: casa circular do cambio de era en fase de escavación. Sector 01 da escavación de 2007 no recinto superior do Castro Grande de Neixón.

7 comentarios:

Alfonso García dijo...

Non entendes nada, Xurxo. O fulgor monumental refírese a que o Plan de Ordenación do Litoral desa época non lles deixaba a eses británicos que vivían por aquí (fóronse cando viron que en Benidorm quentaba máis o sol) dar máis de dous pisos e faiado (entreplanta incluída). Haiche que explicar todo, amijiño! Pero ti non estudastes no mesmo sitio ca Barbeito ou? ;)

lorcho dijo...

¿A Benidorm? ¿Ou...? ¡a Ibiza!, os contactos ebusitanos e fenicios. Todo encomeza a encaixar.
De tódolos xeitos, despois do da aldea maldita da Peste Negra... pois normal, era normal que chegasemos a esto.
Xenial o discurso de "merda de xacemento pero gran técnico".

lura dijo...

Ayan o home este do fuljor e a sua equipa son os de baroña romano(sic),a idade do ferro chejou cos romanos.....todo isto adobado con Gengis Can = articulo da vos.Pena de culturetas do barbansa.

Anónimo dijo...

Que queredes que vos diga. Entre un habitáculo redondo feito a man polos arqueólogos e o esplendoroso semisoto da ampliación quédome co semisoto. Ten moito máis fulgor fundamental...

Fundamentalmente polo innecesario...e inmoral, añado.

Gardián do Fulgor dijo...

"Carencia de fulgor monumental". Isto é un concepto revolucionario. Brutal. Nin Heidegger nin os presocráticos. Un clube de admiradores de Antonio Argibay, Filósofo, xa!!!

Rafa dijo...

Outro "iluminati" este Argibay, ayy! a liberdade de expresión que nociva resulta en determinadas ocasións e outra cousa que debe facer é empregar o diccionario para non confundir os termos....

United Neixons Again dijo...

Alí teremos ocasión de coñecer ao responsable das instalacións, Víctor Barbeito, que na súa visita guiada nos ilustrará con aplomo e sapiencia incuestionables (sic).

jajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa!!!

A retranca celta na súa máxima expresión xornalística!!!


Grazas Xurxo. Facía meses que non ría tan a gusto!!!