26/4/10

Basta xa



1. Que fan operarios municipais, que non son arqueólogos, escavando un foxo da 2ª Idade do Ferro?
2. Por que a protección do Patrimonio é un sinvivir para o tenente de alcalde de Boiro, o concelleiro de cultura e o suposto arqueólogo do CAB?
3. Por que respiran aliviados despois de destruír parte do Patrimonio arqueolóxico de Neixón?
4. Compo pode botar ao traste a ampliación do CAB o achado dunha estrutura arqueolóxica do xacemento ao que debe interpretar o Centro Arqueolóxico de Barbanza?
5. Como se pode ser tan ignorante e falar dunha zanxa de pouca profundidade (vexan a foto), dun achado sorprendente, dunha estrutura de delimitación de encerradoiros de gando despois de máis de mil páxinas publicadas sobre os castros de Neixón?
6. apenas se hallaron muestras de cultura material, salvo algún fragmento de cerámica y vasijas.Que desfachatez.
7. Ata o propio Ares recoñece que a paralización do proxecto impediría xustificar perante o Estado o investimento. Ou sexa, o Patrimonio estorba, molesta. La pela es la pela. Máis claro auga.
8. Por que a comisión provincial autoriza semellante animalada?
9. A escala de toda Galicia La Voz de Galicia mantén unha política editorial encomiable de denuncia de atentados contra o Patrimonio. Mesmo a edición Barbanza adica çáxinas enteiras á afección sofrida por un petroglifo en Noia, un pazo en non sei onde etc... Pero, por que no caso de Neixón, este medio de comunicación semella o NODO, un voceiro municipal que trasmite entusiasticamente todo o que fai o Concello, e concretamente Xerardo Piñeiro? Por que sempre tenta lavarlle a cara aos responsables desta desfeita con notas de prensa saídas do Concello que non pasan un mínimo filtro xornalístico?. Paragrafos como o que segue non son de recibo: Las últimas semanas han sido un sinvivir para los responsables del Centro de Interpretación Arqueolóxica de Barbanza. No era para menos teniendo en cuenta que uno de los proyectos más importantes de los abanderados por el Concello de Boiro en los últimos tiempos en materia cultural corría el riesgo de acabar en agua de borrajas debido al hallazgo de un foso desconocido durante las excavaciones para colocar los cimientos de la ampliación del centro de Neixón. La continuidad de los trabajos estuvo en jaque hasta esta semana, cuando desde Patrimonio se dio autorización para seguir adelante con las obras.
10. Por que o Concello de Boiro, entidade morosa, ainda non pagou o que ten que pagar á Comisión de Festas da Romaría de Neixón pola celebración da festa en 2009?
11. Por que non informaron á comunidade local destas obras como corresponde, e non poñendo unhas infografías no CAB onde non mete o pé ningún habitante da parroquia?
12. Por que destrúen o campo da Romaría, unicamente para tentar enganar á Lei de Costas?
13. Por que fan unha obra para a que non teñen cartos?
14. Por que tratan como salvaxes indocumentados á comunidade local?

Como ninguén vai respostar a estas preguntas, agardemos que nos resposte o fiscal encargado de xulgar delitos contra o Patrimonio en Galicia, tarefa para o que este artigo tan obxectivo de La Voz de Galicia nos vai servir de proba contundente. E parabéns ao Concello de Boiro, que siga coa súa política despótica e infame, que a xente non é tonta, aínda que eles pensen que si.

15 comentarios:

lorcho dijo...

Neixón vive instalado en la política del despropósito total. El razonamiento subyacente es claro: menos mal que esta mierda de patrimonio no nos jo*e nuestro chabolo en construcción. La política del ladrillazo; qué genialidad para un bipartito "progresista".
"Uf, ya pensé que tendría que parar la obra por unas piedras del carajo". Con el agravante de que el supuesto protector es el que destruye al protegido. Asquete, da. Asquete y mucho.

Anónimo dijo...

Parabéns polos artigos que sigo con sumo interese. Sobre as criticas á prensa, xa sabemos que que o criado nunca foi traidor ao amo.

Monumento al Foso Desconocido dijo...

Paralización das obras polo "hallazgo de un foso desconocido". Incrible. Claro, era imposible prever que diante do castro podía haber un foxo igual que ao que se escavou cincuenta metros máis atrás.
Iso se non lembramos que a propia intervención tiña como obxecto descubrir se o foxo continuaba por diante do castro (gran hipótese científica, por certo, que xustifica dabondo gastar miles de euros do contribuínte).

UNITED NEIXONS OUT dijo...

Por pura tristura deixo de frecuentar iste blog. Adeus a todos. O noso pasado non ten futuro con "galegos" coma os do presente. A nosa Historia nunca será unha menciña para os nosos doentes corpos e almas, pola contra, envelena ós que amamos iste recuncho da Humanidade, mátanos con isa paseniña nugalla que teñen as ruinas en morrer. Non me enterredes nun castro, non esparexades as miñas cisas nunha mámoa nen cantedes o noso Hino ó pé dun petroglifo pra me despedir. Quero morrer afogado loitando contra as ondas do mar de Neixón, loitando coa carraxe de todas as carraxes, batendo na auga onde recoñezo as facianas dos cipaios galegos. Deica.

lorcho dijo...

Caramba.

Neixonense dijo...

Hay que joderse... Esto es realmente para cuestionarse que clase de incompetentes tenemos en nuestro país. Entre el escarvador barbeito (el de que no hay cadáveres en neixón porque el suelo ácido se los carga) y su séquito de analfabetos funcionales, están poniendo patas arriba el trabajo de un equipo que devolvió a Neixón a la cima científica sin olvidar su labor de divulgación social. Si en este país hubiese control, estos personajes deberían estar en la cárcel e inhabilitados para el resto de su vida por mentecatos. Barbeito, si lees ésto, que sepas que eres un auténtico ignorante y que dudo que sepas hacer la o con el culo de un vaso. Gentuza como tu son las que manchan nuestra profesión.

Edu wan dijo...

Esto es igual que lo que hacen en León. Descubren un barracon de la legio VI y que hacen para atraer el turismo... conservarlo y estudiarlo... NO, ESTAIS EQUIVOCADOS, se destruye y posteriormente se pone un monolito que diga que en ese lugar había un barracón de la VI.

Anónimo dijo...

Ni matemos al mensajero ni cuestionemos la legalidad del "asunto".

El mensajero sólo es mensajero y cumple con su función en la cadena (meu probe)y todo se desarrolla dentro de la legalidad.

Por tanto, doblemente inmoral: por innecesario y gratuito cuando no hacía falta. Sólo para unos egos insatisfechos...

Anónimo dijo...

se cree el ladrón que todos son de su condición, ¿o no es acaso cierto que vosotros hicisteis zanjas con parecidos medios?. Creo que las palabras dichas con rencor huelen muy mal

lorcho dijo...

Distinto es excavar y fochancar; sean cuales sean los medios.

lura dijo...

Una sutil diferencia,que debido al fulgor monumental no creo que atines a apreciarla,Xurxo Ayan excavo cientificamente fosos en Neixón y el concello de boiro(que es el "encargado" de velar por su propio patrimonio)arraso concienzudamente "una zanja".Pues eso "zanjados".

Anónimo dijo...

De un anónimo a otro anónimo sólo puedo decirte que..."mal si que hueles tú!!!!", no trates de defender lo indefendible

lorcho dijo...

Dios, ya no me aclaro!!; no sé si me ataca alguien o contra cuál estoy. DDDD
Paso; me paso al siguiente post, que aquí nos liamos.

Anónimo dijo...

yo he dicho que algunas palabras huelen mal, cosa que alguno ha dicho que yo huelo mal, esa ya no es una sutil diferencia y no he insultado a nadie, asi que el sr que lo ha escrito creo que no debe de vanagloriarse de lo dicho, ya que se desacredita el solito. O es que acaso no debo expresarme como en tiempos del franquisto, si es asi, perdonen uds.

Anónimo dijo...

Sr Anónimo, pídoche desculpas por recurrir a baixeza do insulto, non é digno, tes razón.
Pero qué fácil é recurrir ao victimismo, invocar tempos pasados e censuras cando atacan a un e este non leva razón, ¿non?, o bo da democracia é a liberdade de expresión, por eso ti podes opinar e eu tamén. Ti non cheiras mal, pero aquí tampouco hai "ladróns", nin verbas ditas con rencor que cheiran mal, o que hai é unha exposición de despropósitos sucesivos que tiveron con resultado a destrucción dun foxo descoñecido que contribuía a monumentalizar, todavía máis, a punta de Neixón e que desapareceu por un "capricho" da administración local, porque a ampliación do centro non deixa de ser eso.
Sinto as formas do meu anterior comentario, pero non nos esquezamos que o noso deber como cidadáns é defender o noso patrimonio e non as accións estúpidas de políticos ou técnicos que o levan por diante ¿non?