5/1/10

Teitos modernos


Este costume está moi estendido por diversas zonas de Etiopía. Aquí vedes unha rúa dunha barriada de Addis Ababa, a cidade na que todo se mistura, dende detalles da arquitectura tradicional até o máis moderno, postmoderno e supermoderno. Nas rexións occidentais diversos grupos étnicos adoitaban e adoitan pousar no topo do teito un pote cerámico. Cando a revolución de 1974 e a instauración do rexime militar comunista do Därg, deu comezo unha campaña de alfabetización e modernización do mundo rural seguindo o modelo cubano. Unha destas campañas a prol da hixiene conlevou que o Estado agasallase a cada unidade doméstica con trebellos para o coidado corporal, como palanganas. Loxicamente, estas palanganas remataraon no cumio do teito, sustituíndo aos tradicionais cacharros cerámicos. Malentendidos da Modernidade.

1 comentario:

lorcho dijo...

Hombre, considerar modernidad una palangana... si llevase luces o pilas, todavía.