La Otra Arqueología Comercial del NW
No apartado de produción científica podedes descargarvos xa o powerpoint da nosa comunicación no symposium Gentes del Mar (Luanco, Asturias, decembro de 2009) no que sistematizamos os ciclos de comercio entre Atlántico e Mediterráneo no NW peninsular. O estudo abrangue revisións de materiais de xacementos clásicos (A Lanzada, Alobre) e integra os resultados de escavacións recentes como as desenvoltas polo noso equipo de traballo en Montealegre (Moaña, Pontevedra) e no Castro Grande de Neixón (2003-2008). Información novedosa en tempo real para todos aqueles que queiran saber máis do mundo castrexo e de Neixón. O triste é que se enteren antes en Asturias ca no Barbanza, pero xa sabemos que o Centro Arqueolóxico de Barbanza queda a anos luz dos Castros de Neixón, e moi perto de Pompeia ou de Murcia.
1 comentario:
Descarguei a presentación (moi técnica sen dúbida) así non é de extrañar que Neixón estea máis perto de Pompeya cá Boiro.
Pero se teño sorte a próxima vez irei ver de vagar o Castro de Neixón.
Graciñas.
Publicar un comentario