28/1/10

I Jornada del Misterio del Barbanza



http://jornadamisteriobarbanza.blogspot.com/

En febreiro terá lugar en Ribeira a Iª Jornada del Misterio del Barbanza, con dúas ponencias recollidas así no blog oficial do evento.

I.- "Historia y creación del Camino de Santiago y su paralelismo con el culto a la muerte en el Antiguo Egipto"; de la mano de Nacho Ares intentaremos abordar dónde, cuándo y de qué forma surge el movimiento que tantas personas atrae al corazón religioso de nuestra Comunidad Autónoma: Santiago de Compostela. La “Ruta Xacobea” tal y como hoy la conocemos, que fue instaurada a inicios de la Edad Media. Nacho Ares nos contará cómo se intentaron imitar modelos y costumbres funerarias que llegaron importadas hasta nuestro país.

II.- "El Arca de Noé, y la leyenda de cómo recaló la embarcación bíblica sobre la Sierra Del Barbanza". Jesús Callejo analizará los distintos intentos de expediciones por recuperar el Arca de Noé, cómo se han desarrollado estos trabajos y, asimismo, se adentrará en los orígenes de la famosa leyenda acerca de que el Arca de Noé terminó por encallar en “A Serra do Barbanza”. Leyenda que fue origen del topónimo: "Noia".

Axudará esta xornada a solventar os grandes misterios da Arqueoloxía barbanzónica? Terá máis concurrencia e éxito que os IV Encontros Arqueolóxicos de Barbanza? É máis Arqueoloxía esta Arqueoloxía esotérica cá Arqueoloxía académica? Hai extraterrestres na Centro Arqueolóxico de Barbanza? Hai concelleiros de Cultura abducidos por entes estranos? Haberá visita guiada á aldea maldita por recoñecidos arqueólogos locais?

11 comentarios:

ras ras rabuña dijo...

ou eso ou cromlech dunha sola pedra e de altura mais ben pequena

presi dijo...

Algo está a apodrecer no Barbanza!!!

Eduardo Cajide dijo...

Está interesantísimo o tema. EStiven a ver os seus "apoyos inquebrantables", que me lembra moito a aquelo de "o que se mova non sae na foto" e escachas a rir. A cada cal máis fantasma. O que esvara e cae no ridículo é unha web titulada "El ojo crítico" (ao primeiro pensei que era o programa de Radio Nacional e case me da mal). O guicho que o fai, que es de La Coru, ollo, ten a santa faciana de facer un especial sobre a "fraude dos escépticos". E argumenta que os que confiamos na ciencia somos algo así como os seus "policías militares". En fin, Serafín, un xa non sabe se tirarse ao monte ou doparse con Belén Esteban, que polo menos semella inocua.
Nivelazo. Se puidera ía á jornada. Co meu libro de Tutankhamon baixo o brazo e cunha figa de acibeche colgando (non digo de onde)

Anónimo dijo...

Si a envidia fora tiña, había de haber mais de un tiñoso na comarca do Barbanza.. En primeiro termo, non vimos por ningún lado o término "Arqueoloxía", en segundo termo non se trata de unha competición cos Encontros Arqueolóxicos Do Barbanza, non ten nada que ver. En terceiro termo, aquel que se xacta de ser faltón naquelo que descoñece, e un ignorante, e non o digo eu, o dixo un tal Sócrates, que vaite tí saber se tamén era do Barbanza.
O paisano ese da Coruña o de El Ojo Crítico, fíxate tí que tal e que cuan dispón cada ún do que non nin ve nin sabe, que ese tío tamén levou una figa de acibeche colgada pos pirindreles, é creo saber quen era esa figa de acibeche; tén no seu haber mais de trinta libros e visitou outros tantos países, xa que cada libro trata sobre un país e unha cultura distinta...¿cántos tes ti, de libros editados é de selos no teu pasaporte (o selo do Barbanza non conta. Colabora en varios programas de radio e ademais é co-guionista dun famoso programa de tv...¿sabes o que é una teuve?
Nivelazo, home, nivel sí que é, non é de burbulla coma o teu, pero sí é o nivel do Director da Revista de Arqueología Del Siglo XXI, onde se recollen artículos dos mais refutados arqueólogos a nivel nacional e internacional, ainque que para que molestarse, seguro que nin che sonan os nomes... Este que criticas, non só e director da Revistiña esa de marras, sinon que ten varios programas de televisión en cadenas autonómicas, un programa de radio nunha emisora nacional, ten unha residencia fixa en Luxor, Exipto (non e o de Abanqueiro, que tí igual pensas que só existe ese) e ten no seu haber una vintena de libros, a maioría deles as únicas monografías que existen en castelán sobre o propio Tutankhamón, A Gran Pirámide, a Esfinxe de Gizeh ou o Santuario de Karnak... mellor xa non sigo co outro invitado, o de Jesús Callejo sí que e para deixar mudo a calqueira... agora, ¿podes tí igualar o teu nivel académico ou o teu currículum con algúns dos invitados, ou calqueira outro que critícas? Ese silencio sí que chiera a podredume, meu.
Sobre a tipa esta, como era??? ah, sí, Belén Esteban... mellor deixémolo tal cual está, que visto o visto, non tería nada que facer contra algún que eu me sei. Agora sí, hay unha cousa que eu non entendo... ¿a qué ven este rollo? Dende logo, se todos os que asistimos dende sempre a este Encontro Arqueolóxico Do Barbanza, e que somos orixinarios de: Riveira, Carreira, Aguiño, O Vilar, Palmeira e outras parroquias colindantes a Boiro non asistísemos o encontro, ¿quénes íades quedar, aparte dos técnicos e estudantes? Tan só íades quedar catro parvos, tal cual soa.
De momento, isto e todo, amigos.
Fdo. un que vai asistir a Xornada Do Misterio Do Barbanza.
Ah, que me esquecía, o Centro Arqueolóxico Do Barbanza está incluído neses apoios que tanto criticades... hay que joderse.
Amén, irmá.

presi dijo...

E todo este monólogo a que responde?? Unha cousiña a revista esa Arqueología del S XXI é mala divulgación, efectista e busca o impacto con titulares carentes de contidos, en resumo, é a Belén Esteban das publicación de arqueoloxía, neste caso, pseduo-arqueoloxía.
Mais...., ser guionista dun programa de TV no é mérito de nada desde que desapareceu "A Bola de Cristal" xa que TV que se fai hoxe en día é bastante mediocre,por non dicir moi mala.
Vivir en Luxor é certamente un mérito de carallo, creo que se chama "talonario" e ter monogafías sobre Tutankhamón, A Gran Pirámide, a Esfinxe de Gizeh ou o Santuario de Karnak ¿qué quere dicir?, que este señor estivo a traballar no equipo de Carter?? ou coa misión xaponesa que leva 20 anos a pescudar en cada fenda da Gran Pirámide? ou estamos ante o propio Zahi Hawass??
Sexamos serios señores, a arqueoloxía non é unha coña, é unha ciencia e moitas veces non é entretida e o "misterio" é entretido pero non deixa de ser unha coña (aínda que recoñezo que hai moitos arqueólogos que tampouco son serios).
No se poden misturar o cú coas témporas.
Remato cunha derradeira cousa, ¿por qué un arqueólogo ten que aturar que lle chamen mentiroso, fillo de puta, ladrón, etc, ect, por facer o seu traballo (especialmente cando tes que traballar en medio urbán nun obra pública) e o resto do mundo non atura unha crítica?? Pois se vas a falar da Arca de Noé eu só podo dicir unha cousa, deixa as drogas meu!!!!!

River dijo...

Estimado anónimo.
En Boiro nunca foron moito nin de ler nin de escribir, sempre se interesaron máis polos "cadenasos", as hostias con puño americano e os "navallasos" á porta da Tonos, ou antes en Golden Fish .... necesitan facer follón antes ou despois de calquera actividade social; sexa unha reunión da Comunidade de veciños, unha Conferencia, ou un cursiño de encaixe de Camariñas .... é o que mamaron dende sempre.
"Cando un can ladra non te estranes, faino cando llo oias facer ao teu veciño".

lorcho dijo...

Aaaaahahhah jajajaj, que no lo creoooo...!!!!
Jajajajaj
Amigos de la nave del misterio... esta velada... saldrán a la luz... los ennnnigmasss...
Jajajajjaaj
Bueno, a ver si se pone orden... esperad que primero me seco las lágrimas, todavía no sé si de risa o de pena... Sí ya está.
No pensaba contestar muy en extenso, pero es que como me divierte mucho y me enoja al mismo tiempo, pues allá voy. (presi, qué grande eres)
A ver, primero, que no es por competir con datos, y que particularmente, además como sabéis muchos éste no es mi campo profesional, me la refanfinfla cuantos libros tenga cada cual; siempre me ha hecho gracia el medir la cultura, o la valía al peso de las páginas y creo que únicamente las mentes cerradas consideran que el conocimiento es cuantificable por el número de páginas, pero bueno; se ve que cuando no se manejan los contenidos hay que recurrir a algo así. Lo de que Nacho Ares tiene treinta libros es curioso... porque él en SU PROPIA PÁGINA PERSONAL afirma que “Hasta la fecha he publicado trece libros, nueve de los cuales están dedicados a la cultura egipcia”. ¿Sabe alguien algo que el propio Ares desconoce? ¿publica sonámbulo? ¿posee Anónimo ediciones ocultas que el autor reniega? ¿el gobierno en la sombra? ¿los illuminati retienen ediciones? Amigos de la nave... bah, ya me he cansado.
De lo que se trata es de que el enfoque y temática de tales jornadas no es para nada serio, y si cuentan con subvención oficial peor que peor. En ocasiones, algunos, pobre mentes, pretendemos interpretar lo que ocurrió en el pasado (uy!, qué cerca de Ranke), conocer con un poco de rigor, y eso, amigo/s, no es muy compatible con el tenor que aquí se plantea. Se puede asistir, pues claro, y escuchar, siempre, pero por favor, señores, no se lo tomen demasiado en serio (bueno, salvo lo de Noe, porque el dato de Noia es clarísimo y me atrevería a aseverar irrefutable).
De todas formas, como soy medievalista (creo) y me parece que algo puedo comentar sobre de Historia de la Iglesia, quizá asista o intente hacerme con el texto de la prometedora "Historia y creación del Camino de Santiago y su paralelismo con el culto a la muerte en el Antiguo Egipto" para una pequeña recensión (algo que no acostumbro). El propio planteamiento del texto de reclamo en plan superchería, tiene ya varias lagunas que merecerían la pena comentario.
Bueno, que lo flagrante es que proyectos precisamente rigurosos, que valoran no sólo la investigación sino por igual la divulgación del conocimiento y la devolución a la sociedad de un pedacito de todo lo que nos ha dado, son apartados por el rancio caciquismo de muchos, que, pírricamente, creen en falso que han ganado una guerra.
¡Y qué daño ha hecho la peste del siglo XIV!

Carlos dijo...

despois das respostas ,boisimas coma sempre caros D.Presi e D.Lorcho,das mesnadas voto en falta a do xefe das mesmas o melenudo Conde Ouvidos de Vimianso.....

Eduardo Cajide dijo...

Pois estimado anónimo, que enseguida chamas parvo e tamén envexoso a calquera, ao mellor unhas xornadas sobre o Reino Suevo tiñan algo que ver con Barbanza: http://www.blogoteca.com/arqueoloxia/index.php?cod=78805

Pero como ben se di nese artigo, "a combinación letal de ignorancia e aldraxe que aqueixa á nosa clase política" fan que agromen estas pseudociencias mistéricas, que con tanto fervor defendes.

O señor de "El ojo crítico" pode ter os libros que queira. Eu tamén se me poño a publicar as tonterías que se verten cada día en internet baixo o nome de "Anónimo", saco un libro por día, pode que máis. Unha tontería é unha tontería, dígaa Agamenón ou o seu porqueiro. Viva en Luxor ou en Lugo. E se pensas que non sei quen é Manuel Carballal, estás ben enganado. Quería ser o Iker Jiménez galego pero esta terra non da para máis, quixo ser JJ Benítez, pero ese posto estaba ocupado, así que segue a meter os fuciños onde sempre: entre o xornalismo sensacionalista e a sensación mistérica que tanto che gusta. Neste país onde se adican máis cartos a caralladas que a ciencia, onde os paisanos non se perden un partido de fútbol e paralizan o país, onde a prensa rosa é a unica que sobrevive á crise, non podemos agardar máis. En canto a Jesús Callejo e Nacho Ares e os seus currículums: dalle estudos á maga Lola e verás como os sobrepasa. Só hai que perder a vergonza intelectual e neste país lábraste unha carreira. Crédulos non faltan.

Antónimo dijo...

Ao mellor os xornalistas debían estar caladiños con estas cousas, porque nomear a corda na casa do aforcado din que trae mala sorte, igual que ser supersticioso. Ou é que non lembran as recentes xornadas de periodimos de misterio impartidas na Universidade de Sevilla? Na Facultade de Comunicación. Se non o cren: http://fcom.us.es/blogs/jornadasperiodismomisterio/

lorcho dijo...

Como me comentaba el otro día el Señor del Castillo, menudo paquete el J.D. Salinger, que sólo publicó libro.