14/12/09

Jerónimo!!!


No imaxinario arqueolóxico da época os guerreiros das citanias do NW de Portugal xogaron un papel sobranceiro como símbolo material do pasado guerreiro glorioso de galaicos e lusitanos, tan feros na loita pola súa independencia. Este callaico segue co seu papel apotropaico e invita ao turista a entrar no Museo Arqueolóxico Nacional que conta, como tódolos museos arqueolóxicos nacionais dun país do Primeiro Mundo, cunha ampla sala adicada a Exipto e co seu Tesouro particular onde escintilean brazaletes calcolíticos, xoias orientalizantes e torques callaicos. Este modelo museístico arcaizante compénsase cun notable esfozo de anovamento no tocante ás exposicións temporais. Se ides por alá contades con tres mostras realmente interesantes: unha sobre as relixións da Lusitania, outra sobre a tecnoloxía do vidro e unha terceira sobre a tecnoloxía cerámica romana a partir da escavación e restitución dun alfar romano na desembocadura do río Tejo.

1 comentario:

lorcho dijo...

Los callaicos ¿son los que se callan?