Petrucios en pedra
Velaquí temos a nova tendencia este outono-inverno. As modas na arquitectura rural obedecen a unha confluencia de factores, nos que a emulación de modelos de prestixio xoga unha importancia enorme. Neste sitio a arquitectura tradicional en coio e barro revalorizouse contra todo pronóstico nos últimos anos. Bastou ca un indiano recuperase a tradición (con bo gusto e criterio todo hai que dicilo) para que se precipitase o efecto dominó. Como cando se mercou o primeiro megaconxelador ou o primeiro Ford Scort; aos poucos meses topabas a parroquia inzada destes artefactos. Pero esta nova tendencia xa vai máis alá. A recuperación da memoria tan en boga tamén ten a súa plasmación material no rural; a materialización da memoria deixou os camposantos para adentrarse no espazo doméstico. Como as estatuas de guerreiros nas portas dos castros galaicos, velaquí están os petrucios dando a benvinda.
1 comentario:
Publicar un comentario