Casas revividas
As recreacións arquitectónicas de casas castrexas é unha das estratexias de posta en valor de xacementos máis extendidas no NW durante os últimos 15 anos. Destacan sobre todo as unidades domésticas erguidas in situ no norde de Portugal en Sanfins (Paços de Ferreira), San Lourenço (Esposende) e Cossourado (Paredes de Coura). En Galicia contabamos co precedente do castro de Elviña na década de 1950 e coas dúas cabanas de Santa Trega (finais dos sesenta e comezos dos 70). A cabana reconstruída no interior do Centro Arqueolóxico de Barbanza tamén resposta a esta dinámica. Malia un fato de proxectos de parques arqueolóxicos nunca encetados, esta recreación do castro de Vigo (da man Terra Arqueos, S.L.) vai ser a primeira levada á práctica nun xacemento arqueolóxico visitable. A polémica e o debate está servido sobre as solucións adoptadas.
Sobre a cuestión das recreacións arquitectónicas en castros podedes ver un vello traballo noso (páxinas 52-74) en http://www-gtarpa.usc.es/descarga/CapaTapa/TAPA/TAPA23.pdf
7 comentarios:
Vivir en castrexo / que bonito é...
Pois, mira que o meu xefe me falou outro día de reconstruír algunha... E eu díxenlle nooooorrrl. Sen vixiancia serían un picadero demasiado enxebre e acolledor.
Exagerado!
bueno carallo ... e onde enchufo eu a television de plasma??
Como que exagerado presi? Xa veremos estas Cabanas de Vigo como non as pechen de noite. Veña vagabundos castrexos a durmir dentro, práctica de botellonum ou ionquix buscando intimidade. Non tendo en conta claro cando o típico gracioso probe co mechero a ver se a palla é combustible.
Quédome con reconstruccións como a de Neixón.
Ai onano... sen pornografía non es quen de endereitar o jarabullo!
a miña cadola que non garabullo esta sempre ergueita e disposta pa satisfacer a quen quixera ou quixese ser servido, ti tes ganas?? pois so tes que pedilo
Publicar un comentario