Neixón no Bierzo
O documental O'Neixón: historia viva dun castro vén de ser seleccionado para participar no VII Festival de Cine de Ponferrada, na mostra paralela Sin fronteras. Trátase dunha mostra itinerante por diferentes localidades da bisbarra d'O Bierzo que comezará a finais do mes de setembro e se prolongará ao longo do outono do presente ano. A organización do festival valorou os contidos etnoarqueolóxicos da longamentraxe, así como a importancia das escavacións arqueolóxicas que o LAPA do CSIC ten levado a cabo en Neixón e a conservación do Patrimonio Cultural que o proxecto ten xenerado.
Páxina web do Festival: www.festivalcineponferrada.com
1 comentario:
Espero que teñamos moita sorte, e poidamos conseguir algo, pois como veciña de Neixón sentiriame moi ilusionado con eso, e axudaria a calar moitas bocas
Publicar un comentario