14/8/09

Os cativiños


Aquí en Nine vivira unha señora moi velliña, moi velliña, que nos contaba dos mouros do Castro Pequeno, que era xente cativiña, pequena, que vivía nunhas casopas de palla e apenas tiñan para comer. Andaban por alí cuns potiños de barro. Que a xente de Nine lles daba sacos para que se fixesen roupa, que andaban espidos. Os mouros eses eran cativiños e comían pouca cousa, ostras e mexillóns.

Fotografía: Panorámica d'O Castro Pequeno dende o campanario da igrexa parroquial de Taragoña (Rianxo)

2 comentarios:

arde lucus dijo...

joder canto dato arqueoloxico na pequena historia de señora, moi ben platexado o de que so comian mexillon, e andaban por ali con potiños de barro,arqueologos de antes: dos de lareira, e castañas o lume mentres a chuvia fora acompaña a santa compaña.
cantos datos e adianto se conseguirian se as veces nos molestaramos en preguntar os "aborigenes" que levan vivindo neses lugares o que eles saben ou poden contarche

Ulmo de Arxila dijo...

Até parece uma descrição da cultura castreja tirada de algum livro do Calo Lourido 😅