31/8/09

Aira da Pedra


O castelo de Cornatel en Priaranza del Bierzo renaceu esta fin de semana pasada cun revival medieval e un festival de música folk. Os grupos consagrados neste estilo de música rematan sendo presuntuosos, sentando cátedra de virtuosismo en contextos nos que esquecen o contacto co público. Interpretan (ou perpetran) temas aderezados con algunha proclama progre fóra de contexto, a causa palestina e todo iso. Ese é un modelo, con caché. O outro tipo de música folk é o de grupos como Aira da Pedra, xente que fai máis polo Patrimonio Cultural do Bierzo, Laciana, La Cabrera e a propia Galicia que tódalas administracións xuntas. Temas recollidos da moribunda tradición oral e arranxados cun gusto fóra do común, que lles permite misturar o tango arxentino con cantigas d'O Incio, por exemplo. Estes mestres do directo están a preparar novo disco.
http://www.airadapedra.net/

2 comentarios:

victor manuel dijo...

OS PRESUNTUOSOS SON OS DE LUAR NA LUBRE , QUE LEVAN 10 ANOS COA MONSERGA DO POBO PALESTINIANO , DA CANTIGA DE ALFONSO X , DO TEMA RECOLLIDO NON SEI DONDE E TEMAS PARA POÑER DE FONDO NUN ASCENSOR. SON TURRAS DE CARALLO E EN CORNATEL O COMPROBAMOS DE NOVO

dorrato dijo...

luar na lubre brazo plasta da estrella galicia, productores de hastio, abulia e tedio e tan vistos e plastas como o porteiro do cansino un poquito de por favor.