8/7/09

Borralla documental


Segue o sempiterno debate sobre a fiabilidade das fontes históricas. Moitos historiadores confían cegamente no documento como fósil que conserva a verdade; outros defenden a súa fiabilidade e renegan das fontes orais e arqueolóxicas (sempre tan subxectivas, como se as outras non o fosen). No caso do wolfram, a totalidade das cifras e datos oficiais están falseados, algo normal tendo en conta o contexto de non belixerancia do Estado franquista. Pero non se trata de dirimir vellas disputas gremiais senón de avanzar no coñecemento. Agora ben, que pasa cando os propios documentos son en si mesmos restos arqueolóxicos?

Fotografía: arquivo abandonado nas minas de wolfram da Borralha en Tras-os-Montes (Fot. Ecomuseo do Salto).

2 comentarios:

Unknown dijo...

Existen os arqueólogos? http://www.blogoteca.com/arqueoloxia/index.php?cod=65911

Aínda nos rimos un anaco coa pregunta.

E outra cuestión, Xurxo: lestes Gárgoris e Habidis, de Sánchez Dragó? Que che pareceu se a resposta é afirmativa?

lorcho dijo...

"Agora ben, que pasa cando os propios documentos son en si mesmos restos arqueolóxicos?"

Pues que entonces llego yo.