20/7/09

Area recreativa de Neixón


Despois de analisar o discurso propagandístico, baixemos dunha vez á cruel realidade. Un exemplo do coidado do Concello de Boiro é a área recreativa anexa ao Castro Grande. Aquí vemos toda unha obra de arte: a deconstrución dunha obra de cantería. Unha mesa con bancos que racha cos tópicos, conciliando deseño e funcionalidade. Fíxense no detalle do fondo, esa fonte esgrevia que emerxe do chan. No verán de 2003, en plenas escavacións do castro Grande, vai o departamento correspondente do Concello e abrn unha gabia en plena zona de protección do castro dende aquí até o centro Arqueolóxico. Este é o mantemento da área arqueolóxica de Neixón, de onte e de hoxe.

Fotografía tomada o 16 de xullo e 2009.

No hay comentarios: