7/4/09

Olladas do silencio


Até o 3 de maio podedes ver na Casa da Parra de Compostela a exposición fotográfica de José Caruncho Olladas do silencio. Persoas da terra brava d'O Caurel, paisaxes, arquitecturas e obxectos... retratos exactos dunha comunidade humana no seu contexto (este é o o obxectivo da Arqueoloxía, sen ir máis lonxe). Unha reseña de prensa, escrita por un xornalista que nin foi ver a exposición, resumía a obra coma una exposición fotográfica en la que se recogen retratos de varias personalidades del Courel. Sen querer, deron no cravo: a dignificación a través da fotografía do campesiñado postindustrial. O catálogo é unha xoia que inclúe testemuños sobre o imaxinario colectivo desta xente. Antolóxico o relato Aquí nacín (pp. 17-25), de Antonio López, unha peza mestra da nosa literatura.

Fotografía: Adival, Vilar de Folgoso, 2008 (Catálogo de Olladas do silencio, p. 53).

2 comentarios:

Unknown dijo...

Buf, que susto! Xa pensabamos que eramos nós os da reseña! Recomendamos esta exposición (aínda agardamos ir vela) nas propostas da fin de semana dende hai dúas semanas. E ilustrámola cunha foto nosa no Courel (mentres non teñamos as feitas in situ na expo), que podedes ver en
http://farm4.static.flickr.com/3151/2480786681_2732a15ca5.jpg?v=0

El Ayán dijo...

A min coincidiume ir á inauguración no seu día e non sabía do voso aviso. Así queda doblemente publicitada.